12345 (Ninguna valoración todavía)
Cargando...

9 vivendas en fileira en Mugardos

AG_9_vivendas_fileira_mugardos_salgado_cortizas_00
anaamado
Obra:9 vivendas en fileira en Mugardos
Arquitecto:Jorge Salgado Cortizas
Provincia:A Coruña
Localidade:Mugardos
Ano:2011
Xeolocalización:43.463148,  -8.253045
Outros Datos:
Premios:
Seleccionada | Premio COAG | 2013
Seleccionada | Premio ENOR | 2014
Publicacións:
Información na rede:
 coag.es
Descripción do proxecto:
«Un barrio de casas humildes cunha arquitectura digna da que o seu ámbito carece, é o lugar. A parcela está situada no barrio de Sta. Lucia, na intersección das rúas Federico Mallo con Eduardo Pondal onde a mediados do século pasado se construíron unhas magníficas vivendas sociais de planta baixa e unha planta alta, co seu patio na parte posterior. O barrio posúe unhas extraordinarias vistas sobre a enseada de Mugardos e a entrada da ría de Ferrol, vixiada polos castelos de La Palma e San Felipe.
A ordenanza para a zona contempla unha altura de baixo, dúas plantas e ocupación baixo cuberta, cun fondo edificable de 12.00m. O proxecto formula a necesidade de respectar a escala do barrio, para iso foi preciso renunciar ao aproveitamento en altura que establece a normativa urbanística. Proxectáronse 9 vivendas en fileira; esta disposición permite que todas teñan as mesmas condicións de soleamento e vistas. Un local de uso municipal resolve a esquina da mazá. As vivendas están resoltas en dous niveis. En planta baixa están situadas a sala de estar, cociña e un pequeno aseo, os espazos máis privados destinados a dormitorios dispóñense en planta primeira separados da rúa. Un lucernario introduce a luz na zona central da vivenda onde está situada a escaleira. O garaxe, rochos, lavandarías e cuarto de instalacións están situados en planta semisoto, o acceso realízase a través dunha escaleira situada no patio e unha rampla que conecta coa rúa. Todos estes espazos dispoñen de ventilación natural.»
Jorge Salgado
Reportaxe fotográfica:

Authors
12345 (Ninguna valoración todavía)
Cargando...

Related posts

*

Top