
müller.feijoo arquitectos
| Obra: | Rehabilitación VPO na rúa da liberdade |
| Arquitecto: | müller.feijoo arquitectos |
| Provincia: | Ourense |
| Localidade: | Ourense |
| Ano: | 2009 – 2010 |
| Xeolocalización: | 42.333,-7.863 |
| Outros Datos: | ||
| Premios: | ||
| Premio Manuel Gómez Román | Edificacións tradicionais rehabilitadas ou restauradas | 2011 Mención especial | Premio Juana de Vega | 2011 Finalista | Premios de Arquitectura Aplus | 2011 | ||
| Publicacións: | ||
| Información na rede: | ||
| mullerfeijoo.com veredes.es | ||
| Descripción do proxecto: | ||
| «No interior do Casco Histórico de Ourense, a 200 metros ao sur da Catedral e a Praza Maior, encóntrase este edificio en esquina que o Instituto Galego da Vivenda e Solo, entre outros inmobles da zona, decide adquirir e rehabilitar para destinar a vivenda de protección oficial en réxime de aluguer. O proxecto de rehabilitación que se levou a cabo supón un cambio e unha mellora constructiva e tipolóxica importante con respecto á situación orixinal. Ao tratarse dun inmoble en esquina, o edificio conta con dobre orientación, sur e este, un valor positivo para a vivenda xa que todos os seus espazos están orientados de forma que reciben luz natural ao longo de todo o día. Debido ás dimensións reducidas do soar (38 m²), a vivenda desenvólvese verticalmente converténdose a escaleira no elemento articulador da intervención, en torno á cal se sitúan os núcleos húmidos, locais de servizo e almacenamento da vivenda, simplificando as instalacións e configurando unha distribución ordeada que se repite en todos os andares. A zona de día sitúase no último andar para aproveitar as vistas e a luz, quedando os dormitorios nos andares inferiores. Nos dous primeiros andares a escaleira sitúase na esquina de encontro entre as dúas medianeiras, tal como se atopaba no seu estado orixinal, mentres que para alcanzar o terceiro andar modifica o seu trazado estendéndose nun único tramo. Este pequeno xesto permite liberar superficie no derradeiro andar e insinuar o cambio de uso, proporcións e altura do espazo a medida que se vai ascendendo. Construtiva e estruturalmente, empréganse materiais, sistemas e técnicas tradicionais asociadas cos oficios e o patrimonio vernáculo galego, adaptados para satisfacer as esixencias de confort actuais» müller.feijoo | ||
| Reportaxe fotográfica müller.feijoo arquitectos | ||
| Planos: | ||
| [nggallery id=454] | ||

(5 votos, promedio: 4,00 de 5)