| Outros Datos: |
| Premios: |
| | |
| Publicacións: |
| | Galicia, Arquitectura Recente. (COAG 1992). |
| Información na rede: |
| | Vigo en Fotos |
| Descripción do proxecto: Galicia, Arquitectura Recente. (COAG 1992). |
| | «Actuación sobre terreos colindantes á zona marítimo-terrestre nunha beira da ribeira pola desembocadura do río Miñor en Nigrán (Pontevedra), ó longo de 850 metros e sobre unha superficie de 25500 metros cuadrados. A fronte da actuación ten carácter de transición entre o pequeno núcleo urbano vencellado ó entorno das pontes (Ramallosa) e unha praia de carácter semiurbano (Praia América) a través dun medio natural en proceso de colonización por vivenda unifamiliar dispersa. A fronte marítima estaba construida por unha beira en cantil cun recheo vencellado as antigas instalacións do tranvía costeiro Vigo – Baiona, zonas discontinuas de muros que perfilaban pequeno recheos e taludes naturais. A actuación axústase ós seguintes criterios: Continuidade peatonal ó longo da beira, coa incorporación dun carril para bicicletas; Asignación de usos públicos de recreo preservando a beiramar de construccións e ocupacións impropias da zona marítimo-terrestre; Gradación no tratamento dos diferentes espacios, dende os de carácter marcadamente urbano, pasando polas beiras máis matizadas sobre o antigo muro; ata o tratamento máis lixeiro de carreiros peatonais con criterios prioritariamente paisaxísticos.En consecuencia optouse por unha consolidación da beira do cantil e unha redefinición do resto a base de escolleiras lixeiras para estabilizar taludes e coa introducción dun carreiro de madeira sobre pilóns en zonas onde a sección así o impoñía». |
| Reportaxe fotográfica: Galicia, Arquitectura Recente. (COAG 1992). |
| |
| Planos: |
|  |