12345 (Ninguna valoración todavía)
Cargando…

Acondicionamento da praza do Seixo

AG_Praza_sexial_cendon_vazquez_tominho_00
iago valverde | AG
Obra:Acondicionamento da praza do Seixo
Arquitecto:Cendón-Vazquez arquitectos | Perfecto Cendón e Javier Vázquez
Provincia:Pontevedra
Localidade:Seixo, Tomiño
Ano:2015
Xeolocalización:41.991290,  -8.742954
Outros Datos:
Premios:
Gañador | XIII Premios Gran de Area | 2015
Publicacións:
Información na rede:
cendon-vazquez.com
facebook.com/Cendón-Vázquez-Arquitectos
iguzzini.es
farodevigo.es
2015|04|07
farodevigo.es 
2015|11|22
Descripción do proxecto:

No núcleo urbano de Tomiño, a praza onde se atopan a casa do concello e o mercado municipal, estaba ocupada en gran medida por coches. Planéase dende o equipo municipal a recuperación dese espazo para o peón. A intervención abrangue tanto a praza do Seixo, centro simbólico da vila, como a rúa de Colón.
O estudio de Cendón-Vázquez trata de introducir á natureza na vila. Sosega e reduce o tráfico. Limitando o acceso a un só carril, e baixando a velocidade. Trázanse unha serie de bandas arboradas seguindo os movementos principais dos peóns. As árbores van definir unhas liñas de sombra baixo as que se porá o mobiliario urbano. Varias esculturas coroarán este pequeno bosque urbano.
Fronte á casa consistorial deséñase unha praza dura que conta cunha fonte e unha pérgola. Esta pérgola continuarase a través do bosque de bandas arboradas, dándolle continuidade a toda a actuación. A iluminación nocturna está integrada nesa pérgola.

Reportaxe fotográfica:
iago valverde | AG
Planos:
facebook.com/Cendón-Vázquez-Arquitectos

Authors
12345 (Ninguna valoración todavía)
Cargando…

Related posts

Top