12345 (2 votos, promedio: 5,00 de 5)
Cargando…

Acondicionamento das ribeiras do río Sarela

AG_rio_sarela_urbana_perez_franco_compostela_00
XL Pérez Franco
Obra:Acondicionamento das ribeiras do río Sarela
Arquitecto:Xose Luís Pérez Franco
Provincia:A Coruña
Localidade:Carme de Abaixo, Santiago de Compostela
Ano:1990 – 1992
Xeolocalización:42.881,-8.551
Outros Datos:
Premios:
Publicacións:
Obradoiro 26 | 1997
Informes de la construcción 438 | 1995
Información na rede:
Descripción do proxecto:
“No entorno da vella ponte de pedra sobre o Sarela atópase os espazos públicos máis característicos do barrio: a pequena igrexa do Carme, co seu adro; un vello muíño, a fonte e unha ampla zona libre xerada por sucesivos recheos. Isto suxería a posibilidade dunha actuación reurbanizadora, consolidando o itinerario peonil que une o cabo da rúa de Entre Galeras co rueiro de Figueiriñas. O río actuará como soporte paisaxístico e límite desta actuación.
Doutra banda o proxecto debería axudar a resolver o problema das enchentes que se producen neste tramo do Sarela. O incremento de caudal agrávase polo verquido ao río de toda a rede de pluviais da zona e pola perda de sección do leito do río, consecuencia dos sucesivos recheos da canle natural.
Augas arriba da ponte o proxecto define un itinerario peonil que arranca no cabo da rúa de Entre Galeras, descorre ao carón do muro de peche da “Vaqueiria de Daporta” e desemboca nunha pequena praza, de planta irregular. Este tramo do paseo configúrase como un estreito anden elevado 50 cm. Por riba da rasante natural, de xeito que as enchentes naturais do Sarela non impidan o uso”
Xose Luís Pérez Franco
Reportaxe fotográfica:

Authors
12345 (2 votos, promedio: 5,00 de 5)
Cargando…

Related posts

Top