12345 (Ninguna valoración todavía)
Cargando…

Ampliación das escolas Labaca

AG_ampliacion_escolas_labaca_fernandez_madrid_coruinha_00
Obradoiro No 16 | COAG 1990
Obra:Ampliación das escolas Labaca
Arquitecto:Joaquín Fernandez Madrid
Provincia:A Coruña
Localidade:A Coruña
Ano:1987
Xeolocalización:43.360530, -8.406966
Outros Datos:
Premios:
Publicacións:
Obradoiro No 16 | COAG 1990
Artistas Galegos. Arquitectos | Nova Galicia Edicións, 2003
Información na rede:
lavozdegalicia.es 2002|10|07
Descripción do proxecto:
“No ano 1985, data na que se decide acomete-la ampliación que nos ocupa, o soar que só ten fachada á rúa de Juan Flórez, vese encaixando entre medianeiras de 8 e 9 plantas e finalmente ábrese no interior dun gran patio do quinteiro. Está particular situación, fai que o soar estea totalmente dominado polas fachadas posteriores de edificios de regular altura, que forman un conxunto desordenado e opresivo.
Óptase por un edificio neutro cunha xeometría sinxela e tersa, que non entre en antagonismo e que serva de pano de fondo ao edificio orixinal.
O novo edificio retranquéase e enténdese a todo o ancho da parcela. Cérrase deste xeito ao quinteiro e créase un segundo corpo de menores dimensións, que situado na mesma aliñación do edificio histórico, harmoniza con el en escala e proporcións.
Do conxunto de volumes planos destaca o elemento cilíndrico -circulacións verticais- que vertebra os novos corpos e vencella formalmente coa torre modernista.”Joaquín Fernandez Madrid
Reportaxe fotográfica:
Planos:
Obradoiro No 16 | COAG 1990


Authors
12345 (Ninguna valoración todavía)
Cargando…

Related posts

Top