Iago Casabiell | ArquitecturadeGalicia
Obra: | Ampliación do Porto de Caión |
Arquitecto: | Portos de Galicia |
Provincia: | A Coruña |
Localidade: | Caión, Laracha |
Ano: | 2013 |
Xeolocalización: | 43.320,-8.604 |
Outros Datos: | ||
Premios: | ||
Publicacións: | ||
Información na rede: | ||
lavozdegalicia.es 2010|08|06 | ||
Descripción do proxecto: Iago Casabiell | Arquitectura de Galicia | ||
Caión, antiga vila baleeira de Bergantiños, asentase sobre unha península moi exposta á acción do mar. A ampliación do porto resolve varias necesidades: espazos cubertos para protexer as embarcacións no inverno e almacenar os aparellos de pesca; gañar terreo cara mar aberto, posto que a enseada é estreita; a conexión entre o peirao antigo e a ampliación, separados polo antigo dique. O Departamento de Enxeñaría de Portos de Galicia utilizou tres módulos cúbicos de formigón de 3x3x3m: un macizo para o novo dique, outro pechado para os aparellos e outro aberto para as embarcacións. Nos espazos entre cubos construironse tres pequenos diques secos para reparacións. Unha porción do antigo dique derrubouse para unificar a ampliación co peirao existente, e no seu lugar construiuse unha pasarela de madeira aberta ó público, un mirador que non entorpecese os traballos. O proxecto estaba ideado para dúas fases, pero por motivos económicos só se realizou a primeira, cun presuposto de 3.5 millóns de euros e finalizada en agosto de 2013. | ||
Reportaxe fotográfica: Iago Casabiell | Arquitectura de Galicia | ||