Alfonso Penela Fernández

Alfonso Penela Fernández, nado en Vigo en 1955, é un arquitecto galego.

Traxectoria

Obtivo o título de Arquitecto na ETSA de Barcelona no ano 1980. Na actualidade é profesor do Departamento de Proxectos Arquitectónicos da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña.

A obra de Alfonso Penela aparece inscrita nunha liña de constante busca dunha linguaxe arquitectónica galega que afunda as súas raices no coñecemento da tradición constructiva e na análise das achegas das xeracións precedentes dende a independencia, unha constante na súa obra.

Os seus proxectos responden basicamente a unha vocación experimental baseada en formulacións que xunguen o Movemento Moderno con elementos de orde plural que deixan adiviñar a preferencia polas novidades formais, así como polo equilibrio e pola orde compositiva, como na vivenda unifamiliar en Aldán (Cangas). A constante atención que demostra respecto ás cuestións técnicas e estruturais vese incrementada polas súas inquedanzas respecto ás compoñentes funcionais que o levan a traballar cun amplo abano de propostas e variantes, tanto nos proxectos para vivendas, coma nas súas intervencións en espazos públicos ou centros docentes, coma a Facultade de Ciencias Empresaiais e Económicas da cidade de Vigo.

Este arquitecto concibe os edificios como un conxunto de volumes articulados no que as calidades dos materiais e a manipulación de luces e sombras cobran unhas importancia decisiva. Os espazos, de volumetría fraccionada establecen un interesante diálogo con contorno, coma no caso do Pavillón Polideportivo de Manzaneda, mediante o emprego de sutís contrastes e revisións permanentes dos usos da linguaxe. A súa obra non pode encadrarse nunha soa liña senón que pendula entre diferentes estilos, tendo como referentes tanto a Zaha Hadid ou Herzog e de Meuron como Álvaro Siza ou Souto de Moura.

Fonte: Wikipedia

Obras

Top