Author Archives: Adrián Capelo

Tenda Inshopnia | NAN Arquitectos | Iván Casal Nieto

Tenda Inshopnia

Iván Casal Nieto Obra: Tenda Inshopnia Arquitecto: NAN Arquitectos Provincia: Pontevedra Localidade: Vigo Ano: 2014 Xeolocalización: 42.236,-8.722 Outros Datos: Premios: Gran de Area 2014 Publicacións: Próximamente en Diseño Interior Información na rede: Páxina de NAN Arquitectos Descripción do proxecto:  “El elemento principal de este proyecto es una estructura central que evoca a una vivienda tradicional, buscábamos

Casa Redes | Mauro Lomba | Adrián Capelo

Casa Redes

“[…] las máquinas abajo, la zona de dormir donde no se necesita toda la luz, la cocina y zonas de relación en los niveles más altos, con vistas y mucha luz, para sobrevivir con ánimo a los duros inviernos […]” Mauro Lomba.

Ampliación do cemiterio de Sarria | Dopi Arquitectos Asociados | La Voz de Galicia

Ampliación do cementerio de Sarria

O reto que afrontaban os técnicos do estudio Dopi Arquitectos de Sarria coa ampliación do cemiterio era conseguir que o camposanto se adaptara ao entorno do convento da Magdalena, así predomina a pizarra moi similar aos peches de fincas da zonas. O deseño fixo posible o paseo das persoas que o deseen porriba da cuberta da entrada do cemiterio. Outra das premisas que buscaron lograr co proxecto foi escapar da acumulación de sepulturas nun só bloque con efecto de colmena que normalmente prodúcese este tipo de construcción. Para evitalo estruturaron os nichos en pequenos grupos divididos por plazuelas que xeren ao mesmo tempo para os familiares a sensación de paz e intimidade que se agradece no momento de enterrar ou visitar a un ser querido.

CEIP Amadeo | Ourense | HIVAS

CEIP Amadeo Rodríguez Barroso

No CEIP Amadeo Rodríguez Barroso de Ourense, o estudio HIVAS parte dunha disposición do edificio perpendicular á rúa de acceso. A ocupación distribúese por plantas segundo idades. A planta inferior recolle os usos comúns do CEIP e as aulas de infantil. Os espacios totalmente abertos ao extereior protéxense baixo porches xerados pola planta superior. Esta parte dun esquema funcional claro de corredor central e aulas de primaria aos lados. O volumen compacto perfórase con patios abertos dos que reciben luz as aulas e o corredor central cos seus núcleos de comunicación vertical. Os extremos do volume que configura os patios cara o parque colindante dispóñense opacos e con acabados cromáticos contrastando co volumen inferior. O espacio de acceso aparece como prolongación do pabellón a modo de pérgola, proporcionando continuidade ao conxunto e permitindo a comunicación baixo cuberto.

Pavillón polideportivo na Zapateira | Javier Estévez Cimadevila e José Antonio Vázquez Rodríguez | Adrián Capelo

Pavillón polideportivo na Zapateira

O proxecto para o Pavillón polideportivo no Campus da Zapateira lémbranos que existen outras formas de traballar con materiais tradicionais. Afincado nunha parcela cun forte desnivel, Javier Estévez e José Antonio Vázquez dispoñen tres muros de ladrillo en ménsula formando plegaduras que van reducindo o seu espesor cara a parte superior. No seu remate descansa unha malla tridimensional formada por módulos apilabéis de barras de madeira laminada tubulares que non pecha o recinto senón que só o delimita. O desnivel permite a creación dun paso a outra cota que permite por un lado o acceso ao resto de dependencias do pavillón e polo outro o disfrute do evento que estea tendo lugar nese momento.

Jacobo Rodríguez Losada | Mercado Plaza de Lugo

Mercado de Plaza de Lugo

O novo mercado Plaza de Lugo en A Coruña, obra de Jacobo Rodríguez Losada, proporciona aos usuarios do mercado tanto postos orientados cara o interior coma outros que se abren ao espacio urbano circundante, no que o proxecto tamén interviu non só para dar acceso ao aparcamento subterráneo senón tamén para afianzarse coma un novo núcleo de actividade no centro da cidade.

Actuación en las fachadas del Hospital Médico Quirúrgico de Conxo | Cid + Santos

Actuación nas fachadas do Hospital Médico Quirúrxico de Conxo

A intervención de Ángel Cid e José Santos no Hospital Médico Quirúrxico de Conxo consistiu en construir unha fachada nova superposta á existente, condicionada polo feito de que o Hospital debía permanecer en uso. A solución plantexada baséase en dous ideas fundamentais: por un lado mellorar sustancialmente as condicións de confort do edificio, e por outro xerar unha pel nova que transmita aos usuarios unha mensaxe de modernidade, confianza e fiabilidad.

Top