Author Archives: Adrián Capelo

Viveiro de empresas en Santiago | Abalo Alonso | Adrián Capelo Cruz

Viveiro de empresas en Santiago de Compostela

Abalo+Alonso traballan neste proxecto para un viveiro de empresas con un orzamento máis axustado do acostumado. Situado na periferia de Santiago de Compostela, ubícase nun polígono industrial coma un edificio aislado. unha gran caixa negra que esconde un luminoso claustro cuberto no seu interior. Arredor do mesmo, se organizan os distintos espazos do viveiro facendo gala neste traballo non só dunha gran tarefa en economía de medios senón tamén proxectual.

Tenda Introset Bulthaup A Coruña | Arquitecto | A Coruña | Finalista Premios FAD 2009 de Arquitectura Interior Finalista Premios Saloni 2009 de Arquitectura Interior

Tenda Introset-Bulthaup A Coruña

O Showroom de Introset Bulthaup, proxectado por Alfonso Penela, é o resultado da rehabilitación de un local comercial. Foi concebido para poder contemplarse xa dende o exterior a través dos seus livianos paramentos verticais de lamas brancas de madeira. No seu interior os forxados desnudan a súa cara inferior para adquirir unha nova expresividade.

Sexto edificio do Museo de Pontevedra

“Nesa busca de equilibrio entre as partes, a aparente lixeireza do vidro do pavillón-xardín é compensada polo uso dun pesado esqueleto de formigón e uns pavimentos de granito. Pola contra, o hermético edificio de grandes lousas pretende alixeirarse a través da súa fenestración horizontal, pola que xorde a luz de día e de noite”
UP Arquitectos | Jesús Ulargui e Eduardo Pesquera

Rehabilitación do Café Moderno

“O mobiliario, deseñado por Siza Vieira, que achegan un xenuíno grao de modernidade a todos os locais. Cadeiras, mesas, despachos, papeleiras, lámpadas e algunhas pezas singulares como unha sorprendente mesa de patas asimétricas, enriquecen o continente dunhas estancias dispostas para acoller no futuro as máis interesantes mostras da arte e a cultura do noso tempo” José Ramón Soraluce Blond

Top