Author Archives: Alberto Fortes

Centro de día en Cospeito | CSP Arquitectos

Centro de día en Cospeito

Centro de día en Cospeito

santos-mera Obra: Centro de día en Cospeito Arquitecto: CSP Arquitectos Provincia: Lugo Localidade: Cospeito Ano: 2002 – 2009 Xeolocalización: 43,23,-7.55 Outros Datos: Premios: Publicacións:   Información na rede: santos-mera.com2carquitectos.com   Descripción do proxecto: Reportaxe fotográfica: Planos:

Barro House | 2es+ oficina de arquitectura | Santos Díez

Barro House

“A vivenda atópase situada no barrio de Barro, dentro da Vila de Noia. Un lugar de orixe marinero con vivendas de construción humilde. No centro do barrio, diante da praza e mirando a ríaa de Noia atópase a parcela obxecto do proxecto.
A Barro_House nace como unha resposta sinxela a unha contorna con carácter e unhas impresionantes vistas sobre ríaa de Noia. Unha fachada sinxela pero rotunda nace coa vontade de dar unha resposta actual pero integradora, impregnándose da frescura das construcións do lugar.” veredes

Centro de Interpretación en San Cibrao de Las

O centro é un dos catro que constitúen a rede galega de Patrimonio Arqueolóxico. Sitúase como un primeiro cinturón do castro, a modo de límite físico, e plantéxase como unha nova entrada. Actúa como pantalla visual desde o xacemento. As intervencións no contorno encamínanse á recuperación do estado orixinal. A súa fragmentación busca o encaixe no terreo.

Construcción auxiliar a escola habanera | Luz Paz Agras | XIV Premios COAG Accésit Baixo Coste

Construcción auxiliar a escola habanera

Este proxecto foi construído como anexo ao edificio da Escola Habaneira de Roupar que, na actualidade, é usada como local sociocultural da asociación de veciños.

Intervir sobre un edificio de gran valor patrimonial, como é este caso, obriga a unha reflexión previa sobre a necesidade da actuación.Roupar é un núcleo rural que forma parte das máis de trinta mil unidades deste tipo que estruturan o territorio galego. Na actualidade, o rural encóntrase inmerso nun proceso de crise provocado fundamentalmente polas dificultades que atravesa o sector produtivo agrario e gandeiro, en función do cal se estruturou tradicionalmente. Neste sentido, os cambios de uso do territorio levan consigo a aparición de novas necesidades, máis propias do urbano, como a dotación de equipamentos, non só docentes e asistenciais, e a creación de espazos públicos.

Rehabilitación no casco vello de Vigo | Alfredo Sirvent | XIV Premios COAG Rehabilitación

Edificio no casco vello de Vigo

O proxecto responde á necesidade de rehabilitar un inmoble na cidade vella de Vigo, dotándoo de dúas vivendas e un local comercial, resolvendo os requisitos construtivos e estruturais dos que é deficitario e limpando aqueles elementos engadidos que carecen de interese e desvirtúan a arquitectura herdada a conservar.

A solución formulada parte da conservación dos muros medianeiros e fachada do inmoble así como dos elementos protexidos e xera unha nova ampliación na última planta. O obxectivo será buscar unha boa transición entre o edificio lindante (co seu engadido excesivo) e o resto das cubertas próximas, mediante un mecanismo de fragmentación volumétrica.

Escola infantil no campus de Ourense

A gardería plantéxase nunha soa planta por razóns de uso e accesibilidade. O acceso atópase no punto máis alto do terreo, a modo de ponte. Habilítase un zaguán para deixar os carriños e un cortaventos introducenos no edificio, que se organiza en franxas funcionais paralelas. Unha sala de usos varios reparte o xogo, cára o norte os espazos servidores con acceso independente.

Top