Author Archives: Dario Vallina

Edificio Red Eléctrica de A Coruña | Andrés Perea Ortega | A Coruña

Edificio Rede Eléctrica de A Coruña

Edificio Rede Eléctrica de A Coruña

«Formalmente a solución proxectada xustifícase polo carácter institucional do edificio. Neste sentido enténdese a disposición «atípica» do volume na parcela e respecto ó entorno urbano. Un edificio aillado non só formalmente senón funcionalmente. A corporeidade da proposta foi asumida entendendo que así se opta polo carácter da arquitectura condensada e inequívoca da tradición do noroeste do país.»

Joaquin Fernández Madrid. Pedro R. Iglesias Pereira | Sede de la Policía Autonómica

Sede da Dirección Xeral da Policía Autonómica

«A sede da policía sitúase nunha parcela na zona máis alta do Polígono de Fontiñas , un novo barrio compostelán do tamaño do casco histórico da cidade. O edificio aproveita as condicións do terreo, con forte pendiente, para resolver o seu programa con dous volumes contrapostos, un zócolo, nunha única planta, en torno a un patio cadrado, e un prisma rectangular, colocado na parte máis alta do terreo, sobre o edificio – zócolo».

Carlos Meijide Calvo | EGAP

EGAP, Escola Galega de Administración Pública

«Na ordenación reticular das Fontiñas, nunha das pezas cadradas, delimitadas por rúas paralelas e perpendiculares, Carlos Meijide, proxectou a Escola Galega de Administración Pública. Este edificio é un severo prisma, forrado de pedra calcaria, con cuberta plana, a penas animado polos ocos delimitados por carpintería metálica de cor gris escura e algunha pasarela da mesma cor, que serve ao seu mentemento e limpeza…»

Top