«Un centro cívico que pivota ao redor dun baleiro a dobre altura; o vestíbulo como corazón do edificio, lugar de encontro, de estancia nas gradas escaleiras, de acceso aos diferentes espazos»
Abalo Alonso arquitectos
Nova Sede de Norvento
«Buscar unha arquitectura sinxela, tan sinxela e lóxica que resulta sutil e emocionante. Non se trata de berrar máis, de utilizar materiais sofisticados, de crear arquitecturas complexas. Trátase de convencer, de suxerir, de facer unha arquitectura silenciosa pero moi, moi atractiva» Francisco Mangado
Auditorio de Lugo
«Configurando un perfil urbano continuo cara á cidade e dispoñendo un xardín elevado de acceso mirando a nacente, antesala verde e silenciosa do edificio»
Paredes Pedrosa
Casa do Medio
«Pretendiamos que a casa contase cunha contorna vexetal propio, denso, variado e cambiante que establecese unha relación sensorial máis intensa entre interior e exterior»
ARKB – arrokabe arquitectos
Miradoiro da Pedra da Rá
«O proxecto é un conxunto de posibilidades de manexo co granito para converterse en pavimento, límite, banco, escaleira… establecendo unha delicada relación coa gran roca»
Carlos Seoane
Piscina particular en Maceda
«A proposta trata de axuntar as necesidades da propiedade e as características da parcela achegando economía e ecoloxía sen afastarnos da comodidade»
trespes.arquitectos
Praza de abastos de Porriño
«Unha gran cuberta a dúas augas queda suspendida sobre un muro perimetral. A pedra da canteira que se alza fronte ao val constrúe o muro e os peches de leiras da súa contorna rural» Jaime Blanco
Reforma de vestiarios e piscina municipal en Maceda
«Os dous volumes situados en paralelo aloxan os vestiarios e servizos relacionados co funcionamento e mantemento das piscinas, xerando entre eles un corredor onde os toldos mariños deslizantes o ensombrecen e o protexen da radiación solar do duro verán ourensano» trespes.arquitectos
Igrexa do poboado dos Peares
«Previuse conservar o forxado do piso actual así como os muros laterais de ladrillo de 1 pé, nos cales se incrustará a nova espadana para a campá e que na planta baixa será a sancristía»
Antonio Tenreiro
Vivenda en Cabo Estai
«A vivenda constrúese e formalízase cunha lousa de formigón que se apoia sobre si mesma e que flota sobre tres pantallas»
Alfonso Penela