Author Archives: Luis Santalla

Concello de Forcarei

Concello de Forcarei

A idea que presidiu a obra era a integración dun edificio singular cun extenso programa na praza que dispoñía dunha morfoloxía propia definida por edificios de tipoloxías e escalas variadas. O programa separouse en catro volumes de diferente importancia, achegando os volumes máis pequenos á praza, situando os máis altos nun segundo plano.

Sociedade Deportiva Hípica da Coruña

O edificio foi pensado con unha organización xeral sobre unha trama triangulada, construindo espazos fluídos, buscando a fácil sociabilidade, así como a independencia en certos lugares. Construido en estructura metálica con acabados sinxelos e buscando a pouca variedade de materiais. Un espazo moi vivido e moi usado nos anos 70, durante os que se fixeron algúns cambios, que non desvirtuaron o proxecto orixinal.

Centro de recursos para persoas con discapacidade

O novo edificio sitúase na parte máis alta, nunha zona da que se extraía a arxila que servía como materia prima e que posteriormente serviu como escombrera. Está concibido para albergar unha proposta que compaxina a formación laboral coa exposición e divulgación das actividades dunha empresa da bisbarra integrada dentro dun grupo cuxa primeira finalidade é o fomento da integración laboral de persoas con discapacidade.

Top