Author Archives: Esteban Vigo

AG | San Roque

Centro Arqueolóxico de San Roque

Centro Arqueolóxico de San Roque

O novo museo sitúase en relación ao xardín e a capela de San Roque, pertencente ao barroco galego e obra de Ferro Caaveiro, no 1732. A construcción do museo ten a súa orixe no achado duns importantes resto arqueolóxicos a carón da igrexa: unha piscina ritual romana, tumbas e un forno. Estes restos sitúanse por debaixo da cota do xardín, polo que o proxecto procurou a creación dunha plataforma horizontal capaz de cubrir os restos e definir un espazo público sobre os propios restos con acceso directo dende a rúa. Este cofre de pedra encerra trata de recuperar o carácter máxico dos restos encontrados iluminándoo con luz cenital

AG | Biblioteca Lugo

Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo

O programa articúlase en torno a dous volumes intencionadamente separados e que se conectan a través dunha estreita pasaxe. O volumen cilíndrico está ocupado únicamente por salas de lectura da biblioteca. A rúa cuberta e oblicua que atravesa o conxunto evita a imaxe demasiado evidente das cubertas do novo pavillón e facilita un espazo de descanso e encontró dos usuarios da biblioteca

AG | San Francisco Xavier

Igrexa de San Francisco Xavier

A igrexa de San Francisco Xavier destaca tanto polo edificio como polas esculturas que nela se encontran. O conxunto parroquial articúlase ao redor dun patio axardinado interior pechado pola vivenda do párroco, as salas de reunión e, como elementos formais de maior presencia, o campanario e a igrexa. A igrexa é obra do arquitecto Gerardo Calviño e presenta un deseño sobrio que fai de contrapunto perfecto para as esculturas que acolle no seu interior

Edificio de usos múltiples da Xunta de Galicia

Xurdido a partir dun concurso de ideas que foi gañado polo arquitecto Andrés Perea, a súa presenza e a resolución constructiva do seu espazo interior non son indiferentes, cinrcunstancias que o fixeron especialmente controvertido. Este peza forma parte do repertorio formal de edificios administrativos deste arquitecto, que define unha linguxe totalmente recoñecible

AG | Primaria

Centro de Asistencia Primaria

Arquitectura pública feita cos cartos de todos e institucional que a todos representa. Un centro de Asistencia Primaria é un templo á saúde pública. O carácter do edificio reflectirá a firmeza e o sosego do permanente e a axilidade e a lixeireza das relacions sociais contemporáneas. Na forte pendente da ladeira sur da cidade e rodeado de edificios residenciais de grande altura, constrúese este centro de saúde de mil metros cadrados

AG | Casa Criado

Casa Criado

Cando se entende a arquitectura non coma unha moda, nin coma unha consigna de antigas ou novas academias; cando se entende a arquitectura coma un permanente compromiso co espazo e co tempo, cada novo proxecto faise risco, busca e ensaio. Eu nunca construíra en Galicia. Construír en Galicia no pode ser igual a construir en Madrid, en Andalucía, en Nova York ou en calquera outro lugar da terra que non sexa Galicia. Son outros o seu clima, a súa cultura e a súa imaxe. Unha vez máis, eu quería encontrar esa solución que ligase a casa á súa circunstancia, á choiva, á pedra, ao monte sobre o río…

AG | San Lourenzo

Igrexa de San Lourenzo de Albeiros

Destacan na cidade tres conxuntos parroquiais realizados entre os anos 60 e 70. O primeiro en ser proxectado, polo arquitecto asturiano Efrén García Fernández está dedicado a San Lourenzo e mostra, como xa o tiña feito no pavillón dos deportes, a súa capacidade como proxectista. O conxunto de casa parroquial e igrexa organízase ao redor dun porche cuberto, que, xunto co baptisterio no exterior, define un claustro interior recollido e amábel

Top