Adrián Capelo | ArquitecturadeGalicia
Obra: | Biblioteca en Carballo |
Arquitecto: | Óscar Pedrós |
Provincia: | A Coruña |
Localidade: | Carballo |
Ano: | 2010 – 2014 |
Xeolocalización: | 43.215, -8.693 |
Outros Datos: | ||
Premios: | ||
Publicacións: | ||
Información na rede: | ||
oscarpedros.com santos-diez.com afasiaarq.blogspot.com plataformaarquitectura.cl | ||
Descripción do proxecto: | ||
«Pensar nunha biblioteca no 2011 é, como diría un amigo meu, arriscarse a pensar nun cemiterio de libros. Neste punto é onde o esforzo de proxecto ten que reconciliar as invariables arquitectónicas de secuencia, percorrido e permanencia coa inmaterialidade que implican as novas tecnoloxías. Se o que se pretende evitar é precisamente, convertiren a nova peza cultural de Carballo nun depósito de papel, non hai outra solución que compartir con certos ciúmes o espazo material co virtual. O equipamento en planta baixa responde a unha tipoloxía en forma de “U” cun patio central orientado cara ao norte e con acceso controlado desde o exterior. Este patio poderá facer en ocasións de rúa, sempre a traveso do espazo público que se proxecta no centro da parcela. Na planta primeira o edificio pecha o cuarto lado da “U”, chegándose ata el por dúas escaleiras emprazadas en cada unha das ás da planta baixa, completándose o percorrido en “espiral” polos lados curtos, feito que convirte a peza en deambulatorio onde o movemento e o descubriren do edificio convírtense nun xesto case espontáneo por parte do lector. É eiquí onde os mundos xuvenil e adulto converxen nos lados menores da secuencia, entre o cómic infantil e ficción cara ao norte e música e imaxe xuvenil e adulto cara ao sur. O terceiro elemento constitúeo unha aula polivalente en grada para recitais e clube de lectura. Dita peza oriéntase cara ao oeste da parcela posto que baixo o graderío inferior plantéxase un pequeno espazo para representacións ao aire libre vencellado á futura zona verde que establece o propio PXOM ao suroeste da parcela» Óscar Pedrós | ||
Reportaxe fotográfica: | ||
Adrián Capelo | ArquitecturadeGalicia | Reportaxe no noso Flickr | ||
Planos: | ||
oscarpedros.com |
Pingback: Araceli Rodríguez. Fotografía y arquitectura. › Biblioteca pública en Carballo (a Coruña)
tienes las medidas del proyecto???
.