12345 (6 votos, promedio: 3,83 de 5)
Cargando…

Biblioteca Pública e Centro Cívico

Biblioteca Pública e Centro Cívico
Oscar Pedrós
Obra:Biblioteca Pública e Centro Cívico
Arquitecto:Óscar Pedrós
Provincia:A Coruña
Localidade:A Coruña
Ano:2008
Xeolocalización:43.37339,  -8.434311
Outros Datos:
Premios:
Publicacións:
  •  Guia de arquitectura contemporánea de Galicia
  • IV Congreso Internacional de Patoloxía e Rehabilitación Patorreb 2012, Ed. COAG.
  • Metagénesix: nueva arquitectura de Galicia. Difusora de Letras, Artes e Ideas, S.L. A Coruña, 2011.
  • revista ARQA (nº 99, Portugal)
Información na rede:
Descripción do proxecto:
“Como criterio formal, optouse pola simplicidade e a inmediatez de dotar de espazos habitables a una parcela moi complexa pola súa situación física (antigo supermercado en semisoto ou bunkermercado) e pola funcionalidade do control e vixilancia do edificio. Preténdese así crear un mundo interior grazas aos patios que resultan do baleirado de catro panos da malla de pilares que conforman o local, sen rexeitar a riqueza espacial e visual que a devandita retícula pode xerar.Pero máis aló do devandito esforzo, a fase de Dirección de Obra tornouse inesperadamente complicada. Durante o proceso de elaboración do proxecto, descubriuse unha deficiente execución da estructura existente, que trouxo consigo un considerable reforzo estructural fronte as novas solicitacións dunha entreplanta con sobrecarga de uso moi elevada (biblioteca) e pola propia estabilidade do conxunto.Como decisión de proxecto, tomouse a opción de xerar un hall-ambigú como espazo de relación entre o Salón de Actos, a Biblioteca e o Centro Cívico, surxindo ademáis catro patios interiores coma pezas articuladoras do proxecto-rompecabezas e cohesionadores de tódalas actividades a desenrolar no centro, e como xeito de transformar o espazo en habitable. Tales elementos atopan o seu máximo sentido á altura do soto, a cota da Biblioteca, trocándose en Biblio-patios, tanto para os cidadáns lectores como para o propio persoal do equipamento.
Reportaxe fotográfica:
Planos:
Oscar Pedrós

12345 (6 votos, promedio: 3,83 de 5)
Cargando…

Related posts

Top