12345 (Ninguna valoración todavía)
Cargando…

Bico de Xeado

Bico de Xeado Juan Ignacio Prieto López, Faustino Patiño Cambeiro e Andrea Fernández Fernández

Santos-Díez | BISimages

Obra:Bico de Xeado
Autoría:Juan Ignacio Prieto López, Faustino Patiño Cambeiro e Andrea Fernández Fernández
Provincia:Pontevedra
Localidade:Baiona
Ano:2016
Xeolocalización:42.11879,-8.84750
Outros Datos:
Premios:
 Gañador | Gran de Area | 2016
Publicacións:
Información na rede:
Descripción do proxecto: 
«O punto de partida deste proxecto de reforma interior dun local fronte ao Porto Deportivo de Baiona é a posta en valor e comprensión da complexa configuración do muro de pedra medianeiro. Con marcas e trazas de modificacións e ampliacións sucesivas, chama a atención un amplo resalte no mesmo que parece había servido orixinalmente como soporte dunha estrutura de pés dereitos e vigas de madeira, que foi substituída por un sistema de vigas de madeira que libran a luz de sete metros entre medianeiras nos anos trinta.

Sen querer replicar o sistema orixinal perdido óptase por dispoñer sobre as trazas do muro un sistema de vigas de madeira de gran canto e extrema esvelteza, conformando un sistema triangulado aproveitando as fendas, resaltes e perforacións do muro existente. Un tabique intermedio que separa a zona de atención ao público do almacén posterior adopta unha xeometría que reforza a traza do novo sistema de vigas e permite aloxar repisas, mobiliario e elementos de exposición de produto. Resulta desta forma un sistema quebrado que trata simultaneamente de romper a configuración profunda do local, xerar unha imaxe actual e recoñecible e poñer en valor a altura do local e a peculiar xeometría do muro de pedra.

Trátase dunha intervención mínima en termos de custo e tempo de execución, na que se aproveitan elementos orixinais do edificio como as reixas exteriores, que se converten en portas engadíndolles un sistema de peche e vidro, e elementos de anteriores reformas como as chapas metálicas que se recolocan no chan do local. Os demais elementos engadidos tratan de reducirse a un único material, a madeira, traballada en formatos industriais de gran dimensión, por tratarse dun material natural, ecolóxico e sostible e que se vincula tanto a arquitectura vernácula e tradicional como á contemporaneidade, o que establece un vínculo cos principio fundamentais da marca Bico de Xeado e a súa produción local, ecolóxica, sostible e de alta calidade.

Respectando o Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico Artístico de Baiona, a fachada non sofre ningunha intervención salvo labores de limpeza e conservación da fábrica de pedra e dos elementos de forxa metálica.

En resumo, se trata dunha intervención que busca simultaneamente a creación dunha imaxe recoñecible para a marca partindo das particulares características dun local do casco histórico de Baiona sen renunciar por elo a unha máxima economía de medios e prazos de execución e ao uso dunha linguaxe simple e contemporánea. «

Juan Ignacio Prieto López, Faustino Patiño Cambeiro e Andrea Fernández Fernández

Reportaxe fotográfica:
Héctor Santos-Díez | BISimages
Planos:
Beatriz Queijo

12345 (Ninguna valoración todavía)
Cargando…

Related posts

*

Top