12345 (Ninguna valoración todavía)
Cargando...

Centro de actividades mariñeiras e Cabanas do Barranco

AG_cabanas_barranco_outes_salgado_linhares_00
Santos-Díez
 | BISimages
Obra:Centro de actividades mariñeiras e cabanas do barranco
Arquitecto:Salgado e Liñares arquitectos
Provincia:A Coruña
Localidade:Ousesende, Outes
Ano:2014
Xeolocalización:42.865672, -8.909917
Outros Datos:
Premios:
Publicacións:
Información na rede:
salgadoeliñares.com
veredes.es
cabanasdobarranco.com

santos-diez.com
Descripción do proxecto:
«Recibimos o encargo dunha intervención hoteleira singular con apartamentos independentes nunha baleiro do núcleo de Ousesende, concello de Outes. Froito do abrupto da súa topografía e do paulatino abandono deste tipo de núcleos, sobre o soar derramárase un bosque espontáneo e heteroxéneo que cercaba a aldea ameazando con recuperar o que un día foi seu.
A premisa de conservar a vexetación e os seus caprichos así como non realizar ningún movemento de terra que puidese danar as raíces das diferentes especies nos leva a establecer as pautas para determinar a forma e a implantación de cada unidade en tres niveis de detalle.
A nivel global, realízase unha primeira aproximación á parcela dende a súa sección. Conseguimos unhas primeiras manchas asomándonos aos diferentes bordos e facendo nosos os terreos circundantes, liberando espazo e buscando a intimidade de cada edificación sen renunciar a unha sorprendente perspectiva, entre as ramas, sobre a desembocadura do Rio Tines, os montes Barbanza, Trémuzo e A Pena, e o nacemento da ría de Muros-Noia.
Nun segundo nivel, defínense formalmente as diferentes edificacións así como a súa implantación atendendo á evolución caprichosa das diferentes especies, buscando ocos entre as súas ramas, condicionados polas súas orixes, o seu presente e o seu futuro.
Nun terceiro nivel, defínense as apoios sobre os que soportar as lixeiras estruturas de madeira sen danar as raíces das diferentes árbores entre as que se integran, defínense tamén as alturas das diferentes edificacións e os accesos, buscando esvaer a liña entre edificación e ámbito, natural e artificial.
A intervención realízase cun elaborado sistema construtivo en madeira que determina acabados e proporcións. As fachadas remátanse con madeiras recicladas que aceleran a natural integración do conxunto.
A inspiración, aquelas primeiras construcións que, cando nenos, evidenciaban ese instinto atávico de desexar vivir entre as ramas das árbores»
Salgado e Liñares arquitectos
Reportaxe fotográfica:
Planos:
veredes.es


Authors
12345 (Ninguna valoración todavía)
Cargando...

Related posts

*

Top