12345 (1 votos, promedio: 3,00 de 5)
Cargando...

Casa do concello de Pontecesures

casa concello pontecesures | cesar portela |
Lugar, Memoria e Proxecto
Obra:Casa do concello de Pontecesures
Arquitecto:César Portela
Provincia:Pontevedra
Localidade:Pontecesures
Ano:1973 – 1975
Xeolocalización:42.721,-8.651
Outros Datos:
Premios:
Publicacións:
Documentos de arquitectura: César Portela | C.O.A.A.O. 1991
Lugar, Memoria e Proxecto. Galicia 1974-1994 | Cosello da cultura Galega | Electra 1995
Información na rede:

Descripción do proxecto:

«O edificio da nova casa consistorial proxéctase nun soar alongado que ten fronte a unha vía do casco e á avenida de circunvalación. O réxime de propiedade dos terreos na zona e a diferenza de cota existente presenta dificultades de comunicación entre ámbalas dúas vías, o que obriga a resolver o seu enlace sobre esta parcela de propiedade municipal mediante senllas escalinatas que descorren a ámbolos lados do edificio. Esta preocupación urbanística, a compactidade volumétrica exterior, e a dialéctica interior-exterior son os aspectos máis notables do proxecto.
Na planta a nivel de acceso sitúanse o vestíbulo, as oficinas xerais e o salón de sesións, espazos todos eles a dobre altura e que se definen mediante volumes prismáticos transversais, localizados a nivel do andar superior, e nos que se aloxa os despachos do alcalde, secretario, interventor e a sala de xuntas» César Portela

Reportaxe fotográfica:
Planos:
Authors
12345 (1 votos, promedio: 3,00 de 5)
Cargando...

Related posts

*

Top