
L. Alonso-Lamberti – R. Pereira Álvarez
Obra: | Casa Grandjean |
Arquitecto: | León López de la Osa |
Provincia: | Pontevedra |
Localidade: | Toralla, Vigo |
Ano: | 1989 |
Xeolocalización: | 42.200,-8.803 |
Outros Datos: |
| Premios: |
| | |
| Publicacións: |
| | «Galicia. Arquitectura Recente». COAG 1992. |
| Información na rede: |
| | |
| Descripción do proxecto: «Galicia. Arquitectura Recente». COAG 1992. |
| | «Dúas condicionantes tivéronse fundamentalmente en conta á hora de deseña-la solución de vivenda. Por una lado, a topografía da parcela e as vistas en cada punto da mesma. Por outro, o programa da vivenda dentro dos límites de superficie impostos pola propiedade. A partir destes puntos xurde a solución. O acceso debía realizarse pola cota máis baixa, atravesa-lo edificio e dispoñer -por razóns de vistas- a zona de estar e establecer relación coa parte máis alta. Tamén se situa un acceso que é o principal e no futuro o máis frecuente, a través do camiño, aínda que este será exclusivamente peatonal. No programa que se desenvolveu, situouse na planta primeira a zona de día; comedor, cociña, salón, vestíbulo e aseo. Na planta baixa tres dormitorios cos seus correspondentes cuartos de baño e en semisoto, dormitorios e cuarto de baño de servicio; independiente da vivenda, garaxe, leñeira e cuarto de instalacións.A forma en planta do edificio é consecuencia da parcela e das limitacións cos retranqueos a respetar. Volumetricamente isto acúsase mediante o xiro de dous paralelepípedos no eixe central que define a escaleira de caracol, o que da lugar a unha fachada curva que facilita as vistas dende a planta primeira e que corresponde ó salón». |
| Reportaxe fotográfica: «Galicia. Arquitectura Recente». COAG 1992. |
| |
| Planos: «Galicia. Arquitectura Recente». COAG 1992. |
| |