12345 (2 votos, promedio: 5,00 de 5)
Cargando...

Casa na Reboira

AG_vivenda_reboira_sabin_blanco_vilarmaior_00
roialonso.com
Obra:Casa na Reboira
Arquitecto:Sabín + Blanco
Provincia:A Coruña
Localidade:A Reboira, Vilarmaior
Ano:2008 – 2009
Xeolocalización:43.348907,  -8.143625
Outros Datos:
Premios:
Publicacións:
Información na rede:
coag.es
tectonicablog.com
roialonso.com
Descripción do proxecto:
«Pequena vivenda unifamiliar, que se incrusta no terreo onde se constrúe. Un fogar sinxelo e luminoso, con materiais duros ó uso e amables ó trato.
Os clientes chegaron a nós porque aspiraban a unha “casa cúbica”.
Atendendo á topografía da súa parcela, e lembrando a Bernard Rudofsky propuxémoslles unha “casa soterrada”, que se aproveitaría da orientación e o seu privilexiado entorno.
A idea de vivenda soterrada é primixenia: realizar un oco no cal atopar acubillo. A pendente era cómplice e as súas necesidades básicas. Tiñamos que acadar, ademais, traballar coa luz, garantindo esta en todos os cuartos. De aí xurdiu a aparición dos patios traseiros que, ademais, permiten ver a roca na que se crava. A auga mirando ó oeste e a terra ó leste. A cuberta volvería ser do campo, facendo que o volume desapareza dende a parte alta da parcela.
Como se fora unha roca cravada no terreo, a tosquedade dunha sólida estrutura de formigón abuxardado, contrastará cos espazos interiores precisos e luminosos. Os patios para os estíos e a calidez dos seus materiais. O formigón permite ser estrutura, acabado, así como diferentes tratamentos. Decidimos utilizalo abuxardado ó exterior, dun xeito máis rudo, e sen este tratamento nos espazos exteriores cubertos.
Moita inercia térmica, xeotermia para calefactar, ventilación cruzada e materiais duros para usar e amables de tratar.
Pouco que ensinar pero moitas oportunidades que vivir…»
Sabín + Blanco
Reportaxe fotográfica:
Planos:
coag.es

Authors
12345 (2 votos, promedio: 5,00 de 5)
Cargando...

Related posts

*

Top