12345 (1 votos, promedio: 5,00 de 5)
Cargando…

Casa Sáez

AG_vivenda_saez_desiderio_pernar_panxon_00
Manuel G Vicente
Obra:Casa Sáez
Arquitecto:Desiderio Pernas Martínez
Provincia:Pontevedra
Localidade:Panxón, Nigrán
Ano:1971
Xeolocalización: 42.140601,  -8.818992
Outros Datos:
Premios:
Publicacións:
Cendón Domínguez, P. e Touceda Gómez, A. | Desiderio Pernas. Do detalle á cidade: 60/70 | Caixanova 2005
Río Vázquez, A. | La recuperación de la modernidad. Arquitectura gallega entre 1954 y 1973 | COAG 2014
Información na rede:

Descripción do proxecto:
“Pernas proxectou nas Dunas de Gaifar de Panxón, Nigrán, esta vivenda unifamiliar como residencia de verán para Pedro Sáez Díez en 1971. Non hai máis que comparala co resto de arquitecturas da zona para darse conta que é unha vivenda excepcional, pola súa sinxela modernidade, pola inserción no entorno e a súa relación coa praia e o paseo.
A planta organízase en forma de L. O lado que se adianta cara a praia ocúpao o espazo principal, que é sen dúbida o máis característico da casa. Pernas proxectouno como un gran pórche. O resto dos elementos que o delimitan reforzan esta idea dun plano horizontal que ampara: A cuberta, de planta cadrada, elévase por riba das demais, deixando unha altura libre interior de 3.20, o que cambia a escala habitual dos interiores domésticos contemporáneos e lle proporcionan un carácter máis grave; grandes panos de vidro, en esquina; unha franxa acristalada alta recorre perimetralmente toda a sala, o que equilibra a luz e reforza o carácter de pórche, etc. Os grandes panos acristalados a poñente protéxense cunha persiana corredeiras de de lamas, de cor branca que matizan suavemente a luz e proporcionan a intimidade necesaria. A calidez interior dana o ceorraso de madeira e os muros de ladrillo con xunta refundida pintados de cor branca.
Todas as características morfolóxicas recordan sen dúbida a algunhas das Usonian House do arquitecto norteamericano Frank Lloyd Wright, de entre finais dos anos 30 e 40, aínda que os materiais de revestimento o aproximen máis á arquitectura nórdica. A referencia a casas como a Hebert Jacobs I de 1937, ou a Rosenbaum, de 1939, fanse inevitables”

Cendón Domínguez, P. e Touceda Gómez, A.

Reportaxe fotográfica:
Planos:
Cendón  e Touceda | Desiderio Pernas. Do detalle á cidade: 60/70 | Caixanova 2005


Authors
12345 (1 votos, promedio: 5,00 de 5)
Cargando…

Related posts

Top