12345 (5 votos, promedio: 3,40 de 5)
Cargando…

Casa sobre o Miño

Casa sobre o Miño Quico Jorreto

Eugeni Pons

Obra:Casa sobre o Miño
Arquitecto:Quico Jorreto
Provincia:Ourense
Localidade:Ourense
Ano:2012
Xeolocalización:42.339,-7.974
Outros Datos:
Premios:
Gañador | Gran de Area | 2016

Gañador | Premio COAG | 2015

Accésit | X Premio Juana de Vega | 2013

Publicacións:
 Arquitectura y Diseño, nº 136 de marzo de 2012. RBA Revistas
Información na rede:
Páxina de Quico Jorreto

decorhogar.es

metalocus.es

Descripción do proxecto:
«A parcela ten unha gran pendente orientada ao sur que ademais coincide coas fantásticas vistas sobre o Miño, o acceso pola parte superior xera un espazo de transición formado por tres pezas: un soportal cuberto que serve como garaxe ou espazo polivalente; nun extremo, semienterrada, a segunda peza destinada aos servizos e en terceiro lugar, unha sala miradoiro totalmente acristalada que da acceso á casa en si, que se sitúa semienterrada.A cuberta é unha lámina de auga, rodea este mirador, potenciando máis a súa parte poética de relación coa natureza.

A casa, para unha mellor integración na paisaxe entérrase pola súa parte norte, xerando un patio corrido que da luz e ventilación a toda a casa e se abre ao río e ao sol pola cara sur, a posición retranqueada do oco sur protexe do sol vertical do verán e permite o quecemento do sol máis baixo do inverno, ademais deste xeito a casa protéxese visualmente dos veciños. O salón-comedor-cociña é os espazo principal da casa con dobre orientación, sur (vistas e sol) e norte (patio, luz cenital). Dous núcleos de aseos separan este espazo de día das zonas máis privadas, nos extremos da casa. Os dous dormitorios dan ao patio, xerando unha sensación de protección e tranquilidade. Aproveitando o sol do poñente e nacente, ao oeste sitúase unha sala de xogos e ao este, con acceso independente, un pequeno despacho.

O formigón é o protagonista, a súa rotundidade e expresividade esfúmase co encontro coa topografía e a natureza.»

Quico Jorreto

Reportaxe fotográfica: Eugeni Pons (1 a 4) | Quico Jorreto (5)
Planos: Quico Jorreto

Authors
12345 (5 votos, promedio: 3,40 de 5)
Cargando…

Related posts

*

Top