12345 (Ninguna valoración todavía)
Cargando...

Cemiterio municipal de Fene

AG_cemiterio_fene_felipe_penha_00
COAG
Obra:Cemiterio municipal de Fene
Arquitecto:Felipe Peña, Ignacio Ugarte, Francisco J. Corazón e Carlos Sánchez
Provincia:A Coruña
Localidade:Barallobre, Fene
Ano:1978 – 1981
Xeolocalización:43.456930, -8.178258
Outros Datos:
Premios:
Publicacións:
Obradoiro n3 | COAG 1979
Guia de arquitectura de Ferrol e comarca | COAG 2007
Información na rede:
estudioeusa.org
Descripción do proxecto:

«O Novo cemiterio municipal de Fene atópase enclavado nas zonas altas da ladeira que, domina toda a ría ferrolá dende Neda á desembocadura, separarán os núcleos de Fene-Perlío, Barallobre e Miniños, entre bosques de piñeiro e plantacións de eucalipto. O conxunto está formado polo muro de peche do terreo con dous accesos, un cara unha das vertentes naturais, e dous construcións, unha de elas, o edificio de administración e almacenaxe e a outra un sinxelo templo que se sitúa nunha zona con vistas a Ferrol e a desembocadura da ría, é unha construción de fácil acceso e moi transparente á vista, para permitir tanto a posibilidade de seguir a cerimonia dende o exterior como a percepción dende o interior da contorna natural na que está inscrita.

Tratouse de simplificar os significantes necrolóxicos e relixiosos confiando os papeis simbólicos a un gran lucernario central, coroado cun corpo prismático elemental en cuxas caras resáltanse os elementos xeométricos do ventanal. O trazado dos vías adáptase ao máximo ao perfil topográfico, pero oponse ao medio natural, mediante o achanzado e o debuxo vertical do acabado do formigón visto»

Felipe Peña, Ignacio Ugarte, Francisco J. Corazón e Carlos Sánchez en Obradoiro nº 3

Reportaxe fotográfica:
Planos:

 

Authors
12345 (Ninguna valoración todavía)
Cargando...

Related posts

*

Top