12345 (1 votos, promedio: 3,00 de 5)
Cargando…

Centro Arqueolóxico de San Roque

AG | San Roque

José Reigosa

Obra: Centro Arqueolóxico de San Roque
Arquitecto: Santiago Catalán Tobía
Provincia: Lugo
Localidade: Lugo
Ano: 1993 – 2002
Xeolocalización: 43.009,-7.551
Outros Datos:
Premios:
Publicacións:
 Guía de Arquitectura de Lugo | COAG Lugo | 2011
Información na rede:
 Santiago Catalán Arquitecto
Descripción do proxecto:
“O novo museo sitúase en relación ao xardín e a capela de San Roque, pertencente ao barroco galego e obra de Ferro Caaveiro, no 1732. A construcción do museo ten a súa orixe no achado duns importantes resto arqueolóxicos a carón da igrexa: unha piscina ritual romana, tumbas e un forno. Estes restos sitúanse por debaixo da cota do xardín, polo que o proxecto procurou a creación dunha plataforma horizontal capaz de cubrir os restos e definir un espazo público sobre os propios restos con acceso directo dende a rúa. Este cofre de pedra encerra trata de recuperar o carácter máxico dos restos encontrados iluminándoo con luz cenital. A imaxe sólida e hermética cara a rúa contrastada coa fronte totalmente acristalada cara a praza interior, acoutando este espazo de transición entre a rúa e o xardín. O muro curvo acompaña á escaleira ata levarnos ao encontró cos restos romanos. A súa presenza, non obstante, non nos evita o recordo do que supuxo para a cidade a derrumba do Mesón de Aguiar, peza patrimonial de grande valor na escea urbana e na historia da cidade”. Guía de Arquitectura de Lugo.
Reportaxe fotográfica:
 Santiago Catalán Arquitecto
Planos:
Authors
12345 (1 votos, promedio: 3,00 de 5)
Cargando…

Related posts

Top