Obra: | Centro Cívico de Xove |
Arquitecto: | F. Casqueiro Barreiro |
Provincia: | Lugo |
Localidade: | Xove |
Ano: | 1988 |
Xeolocalización: | 43.687,-7.509 |
Outros Datos: | ||
Premios: | ||
Publicacións: | ||
”Galicia: Arquitectura Recente”. COAG 1992. | ||
Información na rede: | ||
dpa-etsam.com | ||
Descripción do proxecto: ”Galicia: Arquitectura Recente”. COAG 1992. | ||
«O Centro Cívico é o resultado da imbricación entre dous sistemas: un de espazos construidos cubertos e outro de eszpazos construídos descubertos, xerando un espazo público de relación social. O conxunto fórmano as prazas, a Casa Consistorial e o centro cultural, así como a piscina cuberta e mailo polideportivo. As prazas son o eixo do proxecto, preséntanse coma unha evolución dos claustros pechados e privados, espazos de vida común nos que a comunidade desenvolve as súas actividades. A Casa Consistorial, edificio en forma de torre cadrada é o elemento en torno o que se articulan os espacio abertos. Consta de tres niveis principais con entreplanta cada un deles. Dúas das súas fachadas cerranse con muros de bloque de formigón, mentres no ángulo oposto o edificio ábrese á praza. O Centro Cultural é un edificio rectangular alongado no que se inserta a entrada principal, dividíndose dende a entrada en dous, un para cada función: Sala de Actos e Biblioteca. O edificio cérrase á rúa e ábrese á praza con grandes cristaleiras. O polideportivo ten como antecedente o frontón vasco, con algunas modificacións por cuestión de programa, fanse transparentes os dous lados para que este espacio no se convirta nun fondo de saco da praza. Os pilares evolucionan co edificio, os esbeltos pilares do anteproxecto convírtense en machóns de mampostería que comprimen o espacio cara o interior do salón cuberto». | ||
Reportaxe fotográfica: ”Galicia: Arquitectura Recente”. COAG 1992. | ||
Planos: ”Galicia: Arquitectura Recente”. COAG 1992. | ||
[nggallery id=182] |