
Artistas Galegos. Arquitectos | Nova Galicia Edicións, 2003
| Obra: | Centro cultural en Santa Cristina de Fecha |
| Arquitecto: | Pedro De Llano Cabado |
| Provincia: | A Coruña |
| Localidade: | Santa Cristina de Fecha, Santiago de Compostela |
| Ano: | 2003 |
| Xeolocalización: | 42.956052, -8.613266 |
| Outros Datos: | ||
| Premios: | ||
| Publicacións: | ||
| Artistas Galegos. Arquitectos | Nova Galicia Edicións, 2003 | ||
| Información na rede: | ||
| Descripción do proxecto: | ||
| «Sintetízase todo o seu pensamento de como debe ser o compromiso dun arquitecto co seu país e o seu tempo. Os elementos significativos do emprazamento -o adro da igrexa e a carballeira- incorpórase como condicionantes e integrantes da proposta de Pedro de Llano. Vistas atentas sobre a paisaxe enmárcanse dende a arquitectura proposta, ao tempo que a súa integración no seu marco paisaxístico é un dos seus obxectivos fundamentais. A disposición dos seus volumes, muros de contención e pechamento e espazos exteriores convértense en fundamental aspecto da mesma, contribuíndo a pechalo adro e a fermosa carballeira alí existente procurando mantela vista do val dende a porta da igrexa, mentres que se oculta a percepción dun conxunto inadecuado de edificacións. O proxecto, no seu conxuntos, trata de ofrecer unha considerable variedade de espazos e sensacións. Obxectivo que se consegue a partir da claridade xeométrica coa que se amosa os dous corpos da edificación e os elementos mobles que articulan o interior, a súa esencialidade estrutural e a austeridade e liberdade na utilización dos materiais» Xosé Manuel Rosales | ||
| Reportaxe fotográfica: | ||
| – | ||
| Planos: | ||
| Artistas Galegos. Arquitectos | Nova Galicia Edicións, 2003 | ||


