Carlos Fernández Piñar
Obra: | Centro de control de túneis en Pedrafita |
Arquitecto: | Arturo Franco Taboada |
Provincia: | Lugo |
Localidade: | Pedrafita do Cebreiro |
Ano: | 2001 – 2002 |
Xeolocalización: | 42.723,-7.016 |
Outros Datos: | ||
Premios: | ||
Premio Nova planta | Premio COAG X | 2002 Mención | Premio español de Piedra Natural | 2004 Premio San Telmo | Colegio de Ingenieros de Galicia | 2003 VIII Premio Internacional Puente de Alcántara Autovía A-6 | ||
Publicacións: | ||
Tectónica nº 27 | 2005 Roc Máquina nº 90 | 2004 Obradoiro nº 30 | 2002 | ||
Información na rede: | ||
arturofranco.com arturofranco.es afasiaarq.blogspot.com | ||
Descripción do proxecto: | ||
«A edificación disponse sobre o borde do soar, situado no altiplano onde se asenta a aldea de Piedrafita do Cebreiro, e instálase practicamente suspendida da aba. A intención é asomar o edificio sobre o tramo da autovía, á saída dos túneles de Piedrafita, para poder ver e ser visto dende a autovía. Elíxese este lugar-atalaia pola súa estratéxica posición, idónea para os fins con que nace o proxecto, Centro de Control dos Túneles e Tramos das Autovías do Noroeste. Dende este privilexiado posto de observación contrólase, polo Sueste, a elegante sinusoide que voa con integrada discreción entre o cavorco do río Valcarce e, por outro, ortogonalmente, a vista atrapa en toda a súa amplitude as dúas bocas que inician os túneles de Piedrafita, importante fronteira natural dos accesos a Galicia. Apreciouse dende o principio a casualidade gnomónica do nacemento e a posta de sol en coincidencia coas áreas a que serve, suxerindo a disposición arquitectónica de dous paralelepípedos cuxos ollos non perden de vista ningunha das dúas orientacións. Os volumes puros de formigón armado en dúas direccións dispóñense literalmente apoiados un sobre o outro, compoñendo unha cruz latina que se perfora no encontro dos dous cunha luz cenital, que potencia o corazón do centro, núcleo central de circulacións. Un módulo de 6 x6 x 6 metros reprodúcese catro veces no módulo inferior «de apoio», que é cego pola súa funcionalidade de «centro informático» do tráfico, e o módulo superior, múltiplo de cinco, máis transparente e lixeiro, que alberga funcións, menos especificas, máis propias das relacións externas do edificio. Esta concreta xeometría separa os dous accesos ao edificio por medio dunha diferenza de cota de 6 metros, que permite adaptar sen violencia os dous volumes ao terreo.» Arturo Franco Taboada | ||
Video: | ||
Arturo Franco Taboada |