12345 (4 votos, promedio: 3,00 de 5)
Cargando…

Centro de recursos para persoas con discapacidade

Obra:Centro de recursos para persoas con discapacidade
Arquitecto:Arrokabe Arquitectos
Provincia:A Coruña
Localidade:Boimorto
Ano:2006
Xeolocalización: 43.010802,-8.125457
Outros Datos:
Premios:
Publicacións:
Seis olladas de preto_ Cuarta panorámica da arquitectura construída na proximidade ISBN 978-84-9749-406-9
Información na rede:
Arrokabe arquitectos

veredes

Descripción do proxecto:
A parcela encóntrase situada dentro dun medio rural de edificación residencial dispersa marcada polo eixo da estrada comarcal AC-234. Forma oarte da zona ocupada por unha antiga telleira e a súa área de influencia. O novo edificio sitúase na parte máis alta, nunha zona da que se extraía a arxila que servía como materia prima e que posteriormente serviu como escombrera. Está concibido para albergar unha proposta que compaxina a formación laboral coa exposición e divulgación das actividades dunha empresa da bisbarra integrada dentro dun grupo cuxa primeira finalidade é o fomento da integración laboral de persoas con discapacidade.Propónse como unha construcción de planta baixa e planta semisoto que, en seción lonxitudinal, se encontran «desprazadas»; adaptándose, así, á orografía da parcela. A edificación preséntase como un zócolo pesado, que incorporará vexetación en toda a súa superficie, sobre a que se coloca unha estrutura lixeira de piares e vigas que resolve a cuberta, a unha auga, da planta baixa. O sistema estrutural modulado admite unha serie de variacións en planta que resolven a distribución e que permitiron asumir modificacións no programa durante o desenvolvemento da obra. Ao norte presenta unha fachada continua e acristalada aproveitando a luz uniforme e abríndose ás vistas nas zonas de traballo. Ao sur, dentro dos límites marcados pola estrutura do edificio, dísponse unha serie de zonas exteriores a cuberto que permiten controlar o soleamento, resolven a comunicación vertical e serven como espazos intermedios que favorecen a continuidade co contorno inmediato.

«Seis olladas de preto _ Cuarta panorámica da arquitectura construída na proximidade»

Reportaxe fotográfica:
 Galería en plataforma

Authors
12345 (4 votos, promedio: 3,00 de 5)
Cargando…

Related posts

*

Top