
turismo.gal
| Obra: | Centro de Saúde en Viveiro |
| Arquitecto: | Manuel Gallego Jorreto |
| Provincia: | Lugo |
| Localidade: | Viveiro |
| Ano: | 1994 – 1996 |
| Xeolocalización: | 43.667523, -7.593309 |
| Outros Datos: | ||
| Premios: | ||
| Publicacións: | ||
| Centro de salud en Viveiro | Ed. Construcciones Fontenla 1996 Obradoiro No 27 | 1998 Manuel Gallego. Arquitectura 1967 – 2015 | Ed. Fundación Barrié 2015 | ||
| Información na rede: | ||
| turismo.gal | ||
| Descripción do proxecto: | ||
| «O centro de saúde encontrase en zona de recheos portuarios. O lugar caracterízase pola ausencia dunha estrutura urbana. Está situado nas aforas do núcleo consolidado de Viveiro. O único que cabería salientar é a claridade da súa visión afastada desde a outra beira da ría, onde aparece con personalidade a súa horizontalidade, ligado ao mar e ao seu carácter de zócolo de desorde construída posterior. É por isto polo que se proxectou un edificio pechado en si mesmo, cunha forma simple e abstracta que formule esa clara independencia co que aínda non sábenmos se situará arredor. Só a súa horizontalidade acentuará esa personalidade do lugar. Os lucernarios serán, coas luces do sol e as nubes, a referencia afastada. O centro comprende: asistencia sanitaria, educación sanitaria, urxencias e radioloxía básica e administración e servizos. A idea básica do edificio é o seu carácter modular, unha caixa que contén un conxunto de módulos repetidos. Dentro da rixidez da trama imposta, queixen moverme con certa liberdade. É un edificio frío e aséptico; podería ser unha ambulancia. Soamente a zona de persoal e administración se constitúe con certa independencia, rompendo lixeiramente a caixa e asomándose á cidade. Ademais, desde alí vese o mar e recíbese o sol» Manuel Gallego | ||
| Reportaxe fotográfica: | ||
| – | ||
| Planos: | ||
| Manuel Gallego. Arquitectura 1967 – 2015 | Ed. Fundación Barrié 2015 | ||

(3 votos, promedio: 4,33 de 5)




