12345 (2 votos, promedio: 5,00 de 5)
Cargando…

Centro de Interpretación das Fortalezas Transfronteirizas do Baixo Miño

Centro de Interpretación das Fortalezas Transfronteirizas do Baixo Miño rodríguez + pintos

Santos-Díez | BISimages

Obra:Centro de Interpretación das Fortalezas Transfronteirizas do Baixo Miño
Autoría:rodríguez + pintos arquitectos
Provincia:Pontevedra
Localidade:A Guarda
Ano:2016
Xeolocalización:41.904,-8.872
Outros Datos:
Premios:
 Gañador | Gran de Area | 2016
Información na rede:
afasia

Arquitectura Viva

Descripción do proxecto: 
«O Castelo de Santa Cruz é unha estrutura defensiva de carácter “modesto” que, sen embargo, inscríbese coma un elemento singular no extraordinario contexto de fortíns, atalaias e “fachos” ou alcanforas que se erixiron nos séculos XVII e XVIII ao longo das marxes do río Miño. Na actualidade destaca non pola súa relevancia construtiva ou militar, senón pola súa especial localización, xa que constitúe o elo final de toda a cadea defensiva fronteiriza que separar Galicia de Portugal.

Dende o punto de vista fisiográfico, o castelo aséntase sobre unha pequena elevación rochosa a 73m de altitude sobre o nivel do mar (base do Baluarte da Cruz) da plataforma litoral da Guarda. O ámbito da coroa defensiva que rodea o castelo desenrólase aproximadamente entre as cotas 50 e 73 respecto ao nivel do mar. Deste xeito, todo o conxunto adquire unha posición de especial relevancia topográfica en relación ao casco urbano da vila mariñeira, en claro diálogo co monte de Santa Tegra. As trazas do desenrolo urbanístico da Guarda levarán a que, en poucos anos, este ámbito adquira ademais da súa relevancia topográfica, unha posición de centralidade no conxunto da zona urbana da vila.

O centro de interpretación atópase dentro da fortaleza transfronteiriza da Guarda. En función desta relevancia topográfica e de posición e á vista dos valores patrimoniais e ambientais detectados no conxunto, decídese a localización do Centro de Interpretación das Fortalezas Transfronteirizas do Baixo Miño no ámbito do Castelo de Santa Cruz. A súa condición singular de elo final na cadea defensiva e o elevado reclamo turístico constituído pola vila da Guarda son elementos decisivos.

O Centro de Interpretación das Fortalezas Transfronteirizas do Baixo Miño articulouse en dúas partes relacionadas entre si:
1. Unha construción xa existente no conxunto resolta mediante unha fábrica maciza e masiva que servirá de espazo de difusión e exposicións.
Esta edificación servirá igualmente como testemuña do recente pasado residencial do conxunto.
2. Tres pequenos pavillóns de nova planta que, de acordo co pasado militar da fortaleza e a propia disposición dos pavillóns militares, considéranse como elementos lixeiros pero resistentes, de construción “seca”. A estrutura e o panelado exterior de aceiro aportarán o acabado fundamental.
Estes pequenos pavillóns servirán de espazo previo de recepción, bar-terraza e aseos. Entre a construción preexistente e os pequenos pavillóns téndese un gran limiar ou zona cuberta. Aquí hai capacidade para acoller grupos e proporcionar o necesario espazo de relación e acollida, con sombra en verán e protección fronte as inclemencias meteorolóxicas en época invernal.«

rodríguez + pintos arquitectos

Reportaxe fotográfica: Héctor Santos-Díez | BISimages
Planos: rodríguez + pintos arquitectos

12345 (2 votos, promedio: 5,00 de 5)
Cargando…

Related posts

One Comment;

  1. Pingback: Centro de interpretación en Arquitectura de Galicia - rodríguez + pintos arquitectos

*

Top