12345 (2 votos, promedio: 3,50 de 5)
Cargando…

Centro social e escola infantil en Conxo

garderia centros social | alfonso penela | conxo | santiago compostelaAlfonso Penela Arquitectos
Obra:Centro social e escola infantil en Conxo
Arquitecto:Alfonso Penela
Provincia:A Coruña
Localidade:Conxo, Santiago de Compostela
Ano:1989 – 2002
Xeolocalización:42.863,-8.555
Outros Datos:
Premios:
Publicacións:
AA 29. Alfonso Penela (2004)
Información na rede:
santiagoturismo.com
Descripción do proxecto:
O Centro Sociocultural deseñado por Alfonso Penela, un arquitecto caracterizado pola solvencia coa que manexa solucións formais experimentais, sitúase fronte á impoñente fachada barroca do Convento de Conxo, hoxe hospital psiquiátrico. O obrigado diálogo entre o edificio histórico e o pequeno equipamento sociocultural abordouse con ousadía, ao tratar a nova construción como un elemento abstracto, complexo e fragmentado. O conxunto componse do centro cultural e dunha gardaría que se construíu máis tarde. O conxunto queda definido por unha serie de panos de peche, de pedra na súa planta baixa e de cristal na superior, que se pregan e xiran sen lei aparente, quedando cubertos por unha serie de planos inclinados, independentes e solapados, cuxa superficie excede á do recinto pechado de forma que, apoiados nuns finos soportes de tubo de aceiro pintados de branco, xeran un pórtico cheo de movemento que vai ocultando e revelando, no percorrido ao seu través, a presenza do grande edificio conventual. A complexa cuberta é concibida como un paraugas que parece flotar, independente do volume, fragmentado e cheo de movemento, das dependencias que acubilla.
O contraste de continuos termos contrarios (pesado-lixeiro, uniforme fragmentado, escuro-claro, plano-pregado) é o que permite que o resultado de enfrontar unha forma intencionalmente contemporánea a un nobre conxunto monumental resulte tan feliz e tamén tan interesante. [santiagoturismo.com]
Reportaxe fotográfica: Alfonso Penela Arquitectos
Planos:
Authors
12345 (2 votos, promedio: 3,50 de 5)
Cargando…

Related posts

Top