12345 (2 votos, promedio: 2,50 de 5)
Cargando…

Consellería de Medio Ambiente

conselleria medio ambiente | alfredo freixedo | compostela Moncho Rey
Obra:Consellería de Medio Ambiente
Arquitecto:Alfredo Freixedo Alemparte
Provincia:A Coruña
Localidade:Santiago de Compostela
Ano:2002
Xeolocalización:42.886, -8.518
Outros Datos:
Premios:
Publicacións:
«Avance dunha continxencia. Arquitectura contemporánea en Galicia» (CGAC 2007)
Información na rede:
santiagoturismo.com
turgalicia.es
Descripción do proxecto:
Trátase dun equipamento administrativo de marcada imaxe en canto a aspecto exterior dado o carácter que lle imprime ao conxunto o uso do aceiro cor-ten. O arquitecto ourensán Alfredo Freixedo deseñou un volume prismático cunha modulación de bandas horizontais nas que alterna ocos acristalados ou chapas perforadas con chapas cegas ou láminas segundo se queira obter do exterior protección ou iluminación.
Un patio central cun xardín interior vertebra o espazo ao que se vinculan as dependencias da consellería. Este patio relaciona os espazos servidores que se abren ao devandito espazo exterior a xeito de claustro aberto. Por tanto o corredor interior que serve ás oficinas dá a este patio creando unha relación espacial e visual directa de todas as plantas do edificio. Ao volume accédese por unha pequena rampla que salva un estanque situado ao longo da fachada principal. Este estanque crea un relación natural entre a textura industrial pero ao mesmo tempo terrosa dun material como o aceiro oxidado e a lámina de auga na que se reflicte.
O arquitecto puxo especial coidado no acabado dos detalles construtivos e dos elementos de mobiliario interior dando ao conxunto unha maior calidade integral. [turgalicia.es]
Galeria fotográfica:
Planos:
Authors
12345 (2 votos, promedio: 2,50 de 5)
Cargando…

Related posts

*

Top