Obra: | Construcción auxiliar a escola habanera |
Arquitecto: | Luz Paz Agras |
Provincia: | Lugo |
Localidade: | Xermade |
Ano: | 2010 |
Xeolocalización: | 43.422,-7.764 |
Outros Datos: | ||
Premios: | ||
XIV Premios COAG Ano 2010 | Obra de Baixo Coste | Accésit Arquia Próxima 2012 | Seleccionada | ||
Publicacións: | ||
Información na rede: | ||
arquia.es Catalogo arquia próxima 2012 | ||
Descripción do proxecto: | ||
«Este proxecto foi construído como anexo ao edificio da Escola Habaneira de Roupar que, na actualidade, é usada como local sociocultural da asociación de veciños.Intervir sobre un edificio de gran valor patrimonial, como é este caso, obriga a unha reflexión previa sobre a necesidade da actuación.Roupar é un núcleo rural que forma parte das máis de trinta mil unidades deste tipo que estruturan o territorio galego. Na actualidade, o rural encóntrase inmerso nun proceso de crise provocado fundamentalmente polas dificultades que atravesa o sector produtivo agrario e gandeiro, en función do cal se estruturou tradicionalmente. Neste sentido, os cambios de uso do territorio levan consigo a aparición de novas necesidades, máis propias do urbano, como a dotación de equipamentos, non só docentes e asistenciais, e a creación de espazos públicos.O edificio da Escola úsase como equipamento sociocultural pola asociación de veciños. As súas actividades requirían novos espazos para almacenaxe e unha zona para cociñar, condicionadadimensionalmente para usar recipientes de gran tamaño e para a colocación dunha lareira. No edificio existente, estas actividades resultaban incompatibles co valor patrimonial da construción, polo que se propón unha edificación anexa na parte posterior. A formulación parte da idea de alixeirar a presenza da nova construción en relación á contundencia do edificio existente. Constrúense dous elementos verticais, unha cheminea e un muro de apoio sobre unha soleira de formigón, como únicas pezas permanentes, case como elementos de mobiliario. En contraste, unha pel lixeira sobre estrutura de aceiro galvanizado e chapa de aluminio prelacado, formalizan o espazo interior. Volumetricamente formúlanse dous prismas desprazados, de forma que os testeiros permitan abrirse completamente, estendendo a ocupación do espazo á totalidade da parcela cando está en funcionamento e repregándose como colectores estancos cando está pechado. Podería pensarse que se trata dun elemento alleo á construción tradicional, pero a presenza de anexos ao edificio principal, xeralmente tamén separados fisicamente deste, son habituais no noso territorio. Segundo a zona, reciben unha denominación: alboio,galpón, pendello,… nos que se realizan actividades de almacenamento ou funcións que non teñen cabida na vivenda principal. Na actualidade, constrúense con materiais lixeiros de baixo custo, como chapas de aceiro, pranchas de fibrocemento, etc, nun proceso de autoconstrución non controlado que provocou a crítica habitual na prensa sobre este tipo de actuacións, sobre todo dende un punto de vista estético. Neste caso, o proceso de construción levouse a cabo sen empresas especializadas, executando a obra os membros da Asociación. Os materiais metálicos cortáronse, dobraron e soldaron en taller, de forma que a posta en obra se realizou mediante un procedemento de xunta seca. O proceso de autoconstrución converteu a execución na parte determinante do proxecto, implicando os seus usuarios dende o momento inicial. O edificio desenvólvese como un elemento cambiante dende o principio. Ao finalizar a base arquitectónica é o uso o que o transforma completamente cada vez que se abre.» Luz Paz | ||
Reportaxe fotográfica: | ||
Planos: | ||