12345 (Ninguna valoración todavía)
Cargando…

Cooperativa de Vivendas Galeras Entrerríos

AG_vivendas_galeras_entrerios_carbajo_barrios_compostela_00
Santos-Díez
| BISimages
Obra:Cooperativa de Vivendas Galeras Entrerríos
Arquitecto:Carbajo Barrios Arquitectos | Manuel Carbajo e Celso Barrios
Provincia:A Coruña
Localidade:Santiago de Compostela
Ano:2012 – 2015
Xeolocalización:42.883238,  -8.547419
Outros Datos:
Premios:
Seleccionado | Premio FAD | 2015
Publicacións:
Información na rede:
carbajobarrios.com
grupoarial.es
Descripción do proxecto:
«O ámbito de actuación ocupa unha posición de borde do antigo recinto amurallado da cidade histórica de Santiago, caracterizado pola proximidade de elementos de especial relevancia na cidade, tanto públicos como privados. Espazos libres como a Praza da Quintana e a Praza do Obradoiro, ou a recentemente trazada Avenida de Xoan XXIII. Fitos edificatorios como o Pazo de Fonseca, o Hospital Real (Hostal dos Reis Católicos), o Pazo de Raxoi ou a Facultade de Medicina. E, eminentemente, as construcións relixiosas que determinaron a historia da cidade, a Catedral, e os Conventos de San Francisco, San Martíño Pinario e San Paio.
Respectando a normativa volumétrica da parcela, proponse cubertas planas que en continuidade dos espazos baixo cuberta potencie a linealidade do conxunto, evitando solucións conflitivas nos posibles testeiros resultantes dunha configuración de cuberta inclinada. Adicionalmente, co retranqueo provocado polo cumprimento do gálibo de cuberta, a edificación vaise descompondo e reducindo o seu volume ao chegar á máxima cota.
O uso previsto, residencial de vivenda colectiva, debido aos tamaños actuais das unidades de vivenda e as súas elevadas demandas de iluminación e ventilación natural, require de elementos de maior transparencia formalizados en galerías e ocos de maior formato, o que contrasta coa opacidade e reducidos ocos propio dos elementos singulares da cidade histórica.
Proponse a total apertura dos espazos de fachada cara ao exterior, co consecuente aproveitamento da luz natural e das vistas que a situación da edificación posibilita, matizada por un elemento exterior en brise soleil que ao mesmo tempo que contribúe a un mellor control solar e a matizar a relación visual do interior das vivendas coa súa contorna inmediata, achega un maior peso ao conxunto, póndoo en relación ás solucións «murarias» habituais na trama onde o edificio se atopa. A celosía, de ata un metro de profundidade, componse de elementos horizontais de formigón armado visto e pantallas verticais acabadas con pezas macizas de granito silvestre abuxardada nas plantas tipo e acabado con morteiro de cal graxa en últimas plantas e baixo cuberta.
Adicionalmente prevese a cuberta da edificación como unha fachada máis da edificación, en relación coa cidade histórica a maior cota, utilizando materiais de acabado en continuidade coa mesma, e minimizando a presenza das instalacións xerais do edificio, reducíndoas exclusivamente aos obrigados elementos de ventilación do conxunto.
No que respecta á organización interna da edificación, proponse un soportal na fachada este que conduce aos distintos portais en que se organiza a edificación. Este elemento serve de filtro na relación público-privado, albergando tamén un paso transversal peonil que posibilita a relación directa entre o futuro Centro de Saúde e o camiño de acceso cara a rúa Galeras xunto á Tesourería Xeral da Seguridade Social. A diferenza de fondos edificatorios entre as plantas soto e sobre a rasante, xunto coa obrigatoria situación de vivendas na planta baixa, posibilita a aparición de pequenos espazos libres privados nesta planta, orientados ao oeste. Estas vivendas, en razón á ordenanza volumétrica, que permite a existencia dun zócalo que aflora cara ao oeste da parcela albergando as plantas destinadas a garaxe, sitúanse nunha cota superior á rasante da vía pública, ata chegar a unha altura de 3,50 metros nas inmediacións da Rúa Entrerríos»
Carbajo Barrios Arquitectos
Reportaxe fotográfica:
Planos:
grupoarial.es

Authors
12345 (Ninguna valoración todavía)
Cargando…

Related posts

Top