A ampliación do porto de Caión, do Departamento de Enxeñaría de Portos de Galicia, xorde da necesidade de protexer e reparar as embarcacións no inverno. Rematada en agosto de 2013, integra a vila no porto sen entorpecer o traballo dos pescadores. Consiste nun conxunto fragmentado de cubos de 3x3x3m de formigón sobre os que se eleva unha pasarela-mirador de madeira.
Casa en Santa Rita
A casa como proxecto de vida. O tempo leva o ritmo do habitar.
Tres vivendas tradicionais ao pé dun camiño unidas para facer unha soa. Feitas aos poucos, humildes modificacións para acomodar unhas casas vellas ás necesidades dos habitantes. Elemento a elemento, detalle a detalle, coa axuda do saber artesanal do albanel local.
Piscina cuberta na Laracha
«A poderosa presenza desta peza dura resulta consecuencia da súa forma e a súa textura, protexida esta para ser independente mesmo da humidade e ata do tempo»
Carlos Quintáns