obras en Santiago de Compostela

Consellería de Medio Ambiente

Consellería de Medio Ambiente

Alfredo Freixedo deseñou un volume prismático cunha modulación de bandas horizontais nas que alterna ocos acristalados ou chapas perforadas con chapas cegas ou láminas segundo se queira obter do exterior protección ou iluminación. Un patio central cun xardín interior vertebra o espazo ao que se vinculan as dependencias da consellería.

Piscina cuberta de Santa Isabel

Este edificio é como un gran contenedor, un espacio único, de planta rectangular. Na planta baixa, baixo as gradas, están os vestuarios coa separación típica de calzados e descalzos, e na entreplanta algunhas instalacións de profesores e monitores para dar mais servicio.
A losa do vaso está sobre unhas vigas zapata transversais, polo que a súa parte baixa é visitable.

Andrés Reboredo | Parlamento de Galicia.

Parlamento de Galicia

“En 1987, Andrés Reboredo obtén o primeiro premio nun concurso convocado para seleccionar o proxecto que transformaría o Cuartel do Hórreo no Parlamento de Galicia. O grande edificio militar que se rehabilita posúe unha planta rectangular, coas esquinas resaltadas por corpos saíntes e de maior altura. No se centro existe un único patio, en torno ao que discorren todas as circulacións. Exteriormente o edificio a penas amosara cambios substanciais, mantendo a súa severa fachada, con excepción da construcción dunha magnífica reixa de aceiro oxidado composta por pezas exentas, colocadas de canto, altas e agudas, que permiten ver o exterior do edificio, en visión frontal, pero que en escorzo se converten nun muro opaco coa singular cor e textura do metal oxidado”.

Joaquin Fernández Madrid. Pedro R. Iglesias Pereira | Sede de la Policía Autonómica

Sede da Dirección Xeral da Policía Autonómica

“A sede da policía sitúase nunha parcela na zona máis alta do Polígono de Fontiñas , un novo barrio compostelán do tamaño do casco histórico da cidade. O edificio aproveita as condicións do terreo, con forte pendiente, para resolver o seu programa con dous volumes contrapostos, un zócolo, nunha única planta, en torno a un patio cadrado, e un prisma rectangular, colocado na parte máis alta do terreo, sobre o edificio – zócolo”.

Top