12345 (2 votos, promedio: 3,50 de 5)
Cargando…

Edificio Oficentro

AG_edificio_oficentro_alfonso_penela_vigo_00
MgV
Obra:Edificio Oficentro
Arquitecto:Alfonso Penela
Provincia:Pontevedra
Localidade:Vigo
Ano:1987
Xeolocalización:42.235,-8.720
Outros Datos:
Premios:
Publicacións:
AGRASAR QUIROGA, Fernando | Guía de Arquitectura de Vigo | COAG 2003
Información na rede:
archxx-sudoe.es
 Descripción do proxecto:
“Sobre unha parcela de ampla fronte e fondo exiguo, que esixía un edificio-fachada, Alfonso Penela resolveu o proxecto dun inmoble destinado a oficinas. Son dous dos problemas fundamentais ao que resposta a solución aportada polo arquitecto: os escasos metros de fondo, que condicionan unha estrutura funcional liñal, e a obrigada visión en escorzo do edificio. Penela compuxo un edificio de nove plantas cunha serie de bandas horizontais acristaladas, que percorren todo o ancho da fachada, cortadas polo núcleo de comunicación vertical. Sobre esta disposición trivial defórmase o volume cunha gran camba central, que transforma toda a fachada, creando un pronunciado voo, que se proxecta sobre a beirarrúa, cubríndoa nun tramo central. Este bandullo empena todo o plano de fachada, de forma que o fuste de formigón do ascensor parece conter a vontade do edificio de dilatarse”
Fernando Agrasar
Reportaxe fotográfica:
Planos:
Authors
12345 (2 votos, promedio: 3,50 de 5)
Cargando…

Related posts

Top