12345 (4 votos, promedio: 3,75 de 5)
Cargando…

Edificio Plastibar

AG_edificio_plastibar_xose_bar_boo_vigo_1957_000
archxx-sudoe.es
Obra:Edificio Plastibar
Arquitecto:Xosé Bar Bóo
Provincia:Pontevedra
Localidade:Vigo
Ano:1957
Xeolocalización:42.238,-8.722
Outros Datos:
Premios:
Publicacións:
AGRASAR QUIROGA, Fernando | Guía de Arquitectura de Vigo. 1930 – 2000 | COAG 2003
GARRIDO, Fenés, Alicia | La Obra de Xosé Bar Bóo | Fundación Pedro Barrié de la Maza, 2000
VV AA  | Xosé Bar Bóo, arquitecto | COAG 1996
Obradoiro 17 | COAG 1990
Xan Casabella | Intenciós na arquitectura de Xosé Bar Boo | Boletín Académico. UDC 1986
Xosé Bar Boo | Notas al artículo «Intenciós na arquitectura de Xosé Bar Boo»| Boletín Académico. UDC 1987
Información na rede:
docomomoiberico.com
 Descripción do proxecto:
«Tralo longo paréntese da posguerra, que interrompeu abruptamente o desenvolvemento da experiencia moderna da arquitectura de todo o país, o edificio Plastibar marca o momento no que a arquitectura galega retoma o discurso moderno de modo maduro e reflexivo, sinalando o relevo xeracional que abriu unha nova páxina.
O edificio Plastibar foi a primeira obra do arquitecto Xosé Bar Bóo, que comeza o proxecto cando aínda no tiña o título. O programa de locais comerciais, oficinas e vivendas abordase nun sinxelo xogo volumétrico no que segue as pautas do Movemento Moderno, as vivendas trátanse como ‘remedos de chalet’, en palabras do propio arquitecto: isto é, unhas vivendas unifamiliares superpostas abertas á terraza-xardín e con gran riqueza espacial no interior. O patio central vaise abrindo progresivamente coa altura, nunha sucesión de terrazas graduandas, que marcan ámbitos privados nun espazo de relación exterior.
O edificio, integrado e dialogante coa súa contorna, mostra na fachada unha total sinceridade coas solucións funcionais internas, ao tempo que constitúe un notábel exercicio de composición neoplástico. Os forxados de formigón prolónganse voados mostrando o rigor compositivo da carpintería metálica e os amplos panos de vidro. Co eles, varios volumes aplacados en granito pulido, só nas plantas que albergan vivendas, indican coa súa opacidade no ámbito do privado. Todo este xogo de liñas verticais, horizontais e planos de cor compoñen unha das máis celebradas fachadas da arquitectura moderna española.»
Fernando Agrasar
Reportaxe fotográfica:
Planos:
[nggallery id=436]
Authors
12345 (4 votos, promedio: 3,75 de 5)
Cargando…

Related posts

One Comment;

*

Top