12345 (1 votos, promedio: 3,00 de 5)
Cargando…

Edificio Rede Eléctrica de A Coruña

Edificio Red Eléctrica de A Coruña | Andrés Perea Ortega | A Coruña

Obra:Edificio Rede Eléctrica de A Coruña
Arquitecto:Andrés Perea Ortega
Provincia:A Coruña
Localidade:A Coruña
Ano:1992
Xeolocalización:43.374,-8.400
Outros Datos:
Premios:
Obra seleccionada na II Bienal de Arquitectura Española 1991-92 dentro das 36 mellores.
Publicacións:
 ”Galicia: Arquitectura Recente”. Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. 1992.
Información na rede:

Descripción do proxecto: «Galicia: Arquitectura Recente». COAG 1992.
 «Formalmente a solución proxectada xustifícase polo carácter institucional do edificio. Neste sentido enténdese a disposición «atípica» do volume na parcela e respecto ó entorno urbano. Un edificio aillado non só formalmente senón funcionalmente. A corporeidade da proposta foi asumida entendendo que así se opta polo carácter da arquitectura condensada e inequívoca da tradición do noroeste do país. A nosa proposta, ó eludi-los conceptos de frontalidade acentúa o caracter «escultural» do proxecto. É dicir: a necesidade de rodea-lo edificio para a súa total percepción e compresión. Ningunha fachada ten sentido por sí soa, todas prolónganse na seguinte e reciben da anterior materiais, ritmos, volumes, etc… segundo un sistema pretendidamente encadeado e continuo. Só os vestíbulos de desembarco de escaleiras e ascensores constituen o elemento formal discontínuo. Convertense nun volume de vidrio que nace do interior do edificio e connotan a existencia do patio acristalado e a organización interna do mesmo. O edificio resulta formalmente «cerrado». Predomina, evidentemente, o macizo sobre o oco e este deséñase como cortes lonxitudinais ou verticais das superficies opacas. Só o espacio sobre o acceso é claramente aberto. Un grande mirador ou muro-cortina dobla na cara sur, a fachada básica. Aquí o muro opaco interrómpese en todo o alto e ancho desta cara para deixar ve-la estructura vertical e horizontal. Un cerramento de vidrio entendido entre mirado e muro-cortina dobla a superficie desta fachada. Outros elementos como a antena de comunicacións, os balcóns, o corpo voado de ordenadores e sala de control, ou a marquesiña sobre a entrada propóñese como anécdotas formais que matizan o carácter aúlico do proxecto».
Reportaxe fotográfica
Planos:
Authors
12345 (1 votos, promedio: 3,00 de 5)
Cargando…

Related posts

*

Top