12345 (2 votos, promedio: 2,50 de 5)
Cargando…

EGAP, Escola Galega de Administración Pública

Carlos Meijide Calvo | EGAP

Obra:EGAP, Escola Galega de Administración Pública
Arquitecto:Carlos Meijide Calvo
Provincia:A Coruña
Localidade:Santiago de Compostela
Ano:1996
Xeolocalización:42.881,-8.527
Outros Datos:
Premios:
Publicacións:
 Arquitectura Contemporánea. Santiago de Compostela. Año: 2003.
Información na rede:
Santiago Turismo. Arquitecturas de autor.
Descripción do proxecto:
“Na ordenación reticular das Fontiñas, nunha das pezas cadradas, delimitadas por rúas paralelas e perpendiculares, Carlos Meijide, proxectou a Escola Galega de Administración Pública. Este edificio é un severo prisma, forrado de pedra calcaria, con cuberta plana, a penas animado polos ocos delimitados por carpintería metálica de cor gris escura e algunha pasarela da mesma cor, que serve ao seu mentemento e limpeza. No centro do edificio ábrese un patio cadrado, como se se tratase dun sobrio espacio conventual. O peche cara a este patio, unha tensa pel de vidrio, permite entender o funcionamento do edificio, que se revela tan rico e complexo desde este baleiro interior, como hermético e compacto dende o exterior.

Dende o patio interior, descóbrese a verdadeira natureza do complexo, en realidade trátase de catro edificio concibidos, cada un deles, coma un prisma, que se van colocando ata formar as catro fachadas do conxunto. Así, o corpo oeste está destinado as tarefas administrativas do centro, cun despece complexo de despachos e espacios de traballo. A zona sur alberga os espacios singulares, como a sala de exposicións ou a biblioteca e o salón de actos, estes dous últimos dispostos a dobre altura. No corpo leste sitúanse as aulas e seminarios, cun xeneroso espacio de relacion paralelo á pel de vidrio aberta ao patio. Por último, o volume norte está dedicado á residencia de estudiantes, cos dormitorio, comedores e espacios de estar. Todo esta clara orde funcional, unha vez visualizada desde o patio, permite entender as sutís diferencia de ocos nas sobrias fachadas exteriores que desde ese momento adquiren outro significado”. Fernando Agrasar.

Reportaxe fotográfica Santiago Turismo. Arquitecturas de autor.
 

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Planos:
Authors
12345 (2 votos, promedio: 2,50 de 5)
Cargando…

Related posts

Top