Obra: | Escola de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos Pablo Picasso |
Arquitecto: | José Antonio Corrales |
Provincia: | A Coruña |
Localidade: | A Coruña |
Ano: | 1983 |
Xeolocalización: | 43.375,-8.393 |
Outros Datos: | ||
Premios: | ||
Publicacións: | ||
– Lugar, Memoria e Proxecto. Galicia 1974 – 1994. | ”Galicia: Arquitectura Recente”. COAG 1992. | ||
Información na rede: | ||
Proyectos de Estructuras I. Escuela de Arte Pablo Picasso. | ||
Descripción do proxecto: Lugar, Memoria e Proxecto. Galicia 1974 – 1994. | ||
«O terreo está situado na rúa Nova, paralela á rúa Beiramar, no ensanche do barrio antigo da Coruña. Este soar, con pendente notable cara ó mar (enseada de San Amaro). Proponse un edificio lineal paralelo á rúa Nova, composto esencialmente dunha parte dando ó mar, con tres andares situados a cotas de +106’8, +103, +97’7 metros e unha cruxía ou parte dando á rúa Nova, así como un amplo vestíbulo acristalado situado á cota +103 metros.No centro do conxunto, a cota de +99,5 metros sitúase o salón de actos, con zonas laterais de dobre altura e unha praza de acceso sobre a súa parte central.Diante do edificio, cara o mar, sitúase unha plataforma de acceso de vehículos de carga a cota de +96’7 metros de anchura variable dada a curvatura do paseo marítimo, pensando que pode servir como acceso e saída de materiais desde a rúa Beiramar.No límite sueste do terreo proxéctase unha escalianata para logra-la unicón peatonal do paseo marítimo e a rúa Nova superior. Será necesario, polo tanto, un acordo coa xestión municipal para levar a cabo a ordenación urbanística do contorno.Á cota +97’7 metros sitúanse a maior parte dos talleres con iluminación cenital, vista ó mar e portas de acceso de materiais, unha galería, detrás da cal se colocan almacéns e instalación, sérvelles de acceso. No centro da planta, dispúxose o salón de actos – auditorio, con saída directa ó terreo a través dun vestíbulo. Dúas escaleiras laterais conduce á cota superior.Na cota +103 metros, a nivel medio da rúa Nova encóntrase a ampla galería lineal con dobre altura acristalada a mediodía. A ela chégase dende a praza de acceso a través dun cortaventos e serve como sala de exposicións do material elaborado no centro.A cruxía que dá ó mar contén as aulas, biblioteca, cafetería e administración, e no centro ábrese ó mar mediante unha amplia cristaleira con obxecto de non cerrala vista ó mar dende a rua ou praza. Os aseos ou servicios en cada planta colocanse exentos ó edificio en dúas torretas de planta circular para non quitar elasticidade ás distribucións.O edificio está revestido por unha cuberta de chapa ou aluminio con cano lateral. Nos extremos do edificio a altura da cuberta ocúpase coas vivendas do programa, que consta de dormitorios, servicios á rúa, sala de estar e galería ó mar, ás que se chega por dúas escaleiras exentas laterais. O resultado é un edificio lineal aberto ó norte con vistas ó mar e vestíbulo de dobre altura con cristaleira a mediodía. Finalmente, intentouse dar ó edificio a apariencia propia deste contorno marítimo mediante a utilización da cor branca, azulexos en bandas azul mariño e elementos verdes». | ||
Reportaxe fotográfica: Proyectos de Estructuras I. | ||
Planos: [nggallery id=161] | ||
Pingback: Arquitectura educativa | arquitecturadegalicia 07'2013 | Galarq Arquitectura