12345 (1 votos, promedio: 3,00 de 5)
Cargando…

Escola de Artes e Oficios de Lugo

AG | Ramón Falcón

Jose Reigosa

Obra: Escola de Artes e Oficios. Escola Ramón Falcón.
Arquitecto: Manuel Manzano-Monís y Mancebo y Manuel Manzano-Monís.
Provincia: Lugo
Localidade: Lugo
Ano: 1970 – 75
Xeolocalización: 43.998,-7.542
Outros Datos:
Premios:
Publicacións:
 Guía de Arquitectura de Lugo | COAG Lugo | 2011
Información na rede:
 Escola de Arte Ramón Falcón
 KicoLópez.Blogspot
Descripción do proxecto:
“Este edificio, relativamente pouco coñecdo, pasa por ser un dos máis interesantes da arquitectura construída en Lugo durante o último terzo do século XX. Foi inaugurado polos Reis en 1976, sendo director xeral de Belas Artes o lucense D. Ramón Falcón, que tamén xestionará os fondos necesarios para levar adiante a “operación limpeza” da muralla, que permitiu eliminar as vivendas arrimadas ao monumento romano. O proxecto redactado polo arquitecto do Ministerio de Educación Manzano-Monís foi elixido entre outras cinco propostas de edificios para usos similares. O proxecto baséase na definición individual de cada aula con superficies variables e cubertas a unha auga, todas enlazadas por unha zona cuberta aberta ao xardín interior. As aulas distribúense en dúas reas enfrontadas que se moven segundo as necesidades de accesos e o desexo de dotar de interese espacial o xardín interior. A cercanía de cada unha das pezas e a amplitude dos cubertos fai que o edificio se peche sobre si mesmo para protexerse do clima. O coidado nos detalles é outra das súas características, entre as que hai que salientar o lousado de cuberta e os muros de laxes coa arqutiectura popular da contorna. A estructura metálica está revestida con madeira e deixa percibir a súa funcionalidade. A volumetría e proporción de ocos en cada peza varía segundo o uso, chegando a construir pezas totalmente transparentes”. Guía de Arquitectura de Lugo.
Reportaxe fotográfica:
Planos:
Authors
12345 (1 votos, promedio: 3,00 de 5)
Cargando…

Related posts

Top