12345 (2 votos, promedio: 4,50 de 5)
Cargando…

Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña

Facultade de Humanidades da Universidade da Coruña | Andrés Fernández-Albalat Lois e Andrés Fernández-Albalat Ruiz | Adrián CapeloAdrián Capelo | ArquitecturadeGalicia

Obra: Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña
Arquitecto: Andrés Fernández-Albalat Lois, Andrés Fernández-Albalat Ruiz
Provincia: A Coruña
Localidade: A Coruña
Ano: 1993
Xeolocalización: 43.334,-8.411
Outros Datos:
Premios:
Publicacións:
“Andrés Fernández-Albalat. Arqutiectura y Oficio. Lecciones/Documentos de Arquitectura 4”.
“Lugar, Memoria e Proxecto. Galicia 1974 – 1994”
Información na rede:
 Andrés Fernández-Albalat. Arqutiectura y Oficio
Descripción do proxecto: “Lugar, Memoria e Proxecto. Galicia 1974 – 1994”
Situada no Campus de Elviña; nunha couzada longa, con pendentes transversales de ata un 20%. O programa, grande e cumprido. Solución de “media ladeira”. As aulas en dous corpos -cada un cos seus pasadelos, as portasa unha man- adáptanse á topografía e, ó ir voando cada planta para fóra nas dúas fachadas, a por do que se sube, deixan entre os dous un espacio interior, alto, que vai abrindo cara a arriba. Este espacio, ó que se asoman os tránsitos das aulas con pretiliños e varandas, organízanse en terrados e mirandas, mesmo socalcos, con herbeiros e xardíns que abeiran laboratorios de idiomas ou docencias onde había de escusar nelas os balbordos. No extremo norte da couzada, na cabeceira, cando as curvas de nivel se recollen en abano con xeito de anfiteatro, sitúase a Aula Magna -370 butacas, traduccion simultánea, e boa acústica-. Enriba a Biblioteca, tamén coa mesma forma pero en dúas plantas, nas que xogan alturas dobres, recantos acougados para a lectura e lugares largacíos para os libros; espacio luminoso, calmo e ledo, libros, columnas e cristal. E nas plantas superiores desta zona norte, os Departamentos; en coroa circular; despachos, xuntas, tratados dun xeito algo privado. O terceiro elemento é un bloque pequeno, rectangular, onde se sitúan, empezando por abaixo, as instalacións, oficinas, Sala de Graos e Decanato. Estes tres corpos, Aulas, Departamentos e Oficinas, artéllanse arredor dos vestíbulos, partindo do acceso principal na planta. Os enlaces verticais fanse con varias escaleiras -catro exteriores de emerxencia e seis ascensores.O conxunto ordenouse cun módulo de 1,10 metros, cruxías de 8,80 metros en aulas e de 5,50 metros en oficinas agás nos Departamentos, onde a modulación foi angular.
A estrutura é de formigón con peches prefabricados de formigón. Ó interior, chans brandos e hidráulicos, bloques pintados, teitos acústicos, a cuberta grande, traslúcida sobre malla espacial. A biblioteca e maila Aula Magna están climatizadas.
No aberto central, os xardíns, viciosos de arbustos, rastreiras que perduran, hedran qye ruben e cores, con aquela luz que ven dende o cumio, de seguro qe farán boa compaña na convivencia amizosa e nas conversas das Humanidades.
Reportaxe fotográfica: Adrián Capelo | ArquitecturadeGalicia
 
Planos:
[nggallery id=168]
Authors
12345 (2 votos, promedio: 4,50 de 5)
Cargando…

Related posts

Top