Obra: | FRIDABLU calzado |
Autoría: | Cendón-Vázquez arquitectos: Perfecto Cendón e Francisco Javier Vázquez |
Provincia: | Pontevedra |
Localidade: | Vigo |
Ano: | 2015 |
Xeolocalización: | 42.235,-8.717 |
Outros Datos: | ||
Premios: | ||
Gañador | Gran de Area | 2016 | ||
Información na rede: | ||
Páxina de Cendón-Vázquez arquitectosCendón-Vázquez arquitectos en facebook | ||
Descripción do proxecto: | ||
«Dous xestos (en planta e sección), dous materiais (chapa ondulada lacada e listóns de madeira) resolven a tenda con rotundidade e claridade espacial.A chapa cúrvase en sección e integra as baldas expositores e a superficie de escaparate. Un tabique sinuoso materializado con listóns de madeira integra a xeometría do local, conformando os distintos espazos da tenda. Estes listóns son soporte dunhas tiras verticais de LED que converten o novo tabique de pladur, que se atopa tras eles, nunha gran pantalla de reflexión. Os listóns son ademais soporte de baldas modulares de exposición, que son intercambiábeis e configurábeis en cada tempada, tamén son soporte de outros elementos auxiliares: espellos, publicidade… O banco probador en X, o mostrador de atención suspendido, as perforacións na chapa para incluír os proxectores de realce… son pequenas ideas que acompañan ao concepto xeral da tenda.« Cendón-Vázquez arquitectos | ||
Reportaxe fotográfica: Manuel G. Vicente | ||
Planos: Cendón-Vázquez arquitectos |