| | “A igrexa de San Francisco Xavier destaca tanto polo edificio como polas esculturas que nela se encontran. O conxunto parroquial articúlase ao redor dun patio axardinado interior pechado pola vivenda do párroco, as salas de reunión e, como elementos formais de maior presencia, o campanario e a igrexa. A igrexa é obra do arquitecto Gerardo Calviño e presenta un deseño sobrio que fai de contrapunto perfecto para as esculturas que acolle no seu interior. O conxunto escultórico comeza no presbiterio. Concibido polo cóengo Alejandro Barral como un gran círculo que representa o mundo, e no se centro encóntrase a cruz. O cristo orixinal é obra de Flechilla, sendo substituído máis tarde por outro do escultor galego Buciños. A virxe é obra de Teresa Eguibar. O sagrario é obra de Castor Lata e o máis destacabel quizáis sexa o traballo das cristaleiras do artista Neira Broch, que combinan o vidrio e o bronce”. Guía de Arquitectura de Lugo. |