| | «A igrexa de San Xoán concibiuse coma un complexo parroquial, para dar servicio a populosa barriada de Vite. Situada fronte as novas facultades do Campus Norte da Universidad Compostelá, esta igrexa marca decididamente o seu carácter contemporáneo por medio dunha gran marquesiña de formigón, polas súas cubertas lixeiramente curvadas e pola presencia dunha alta torre-campanario de remate metálico. Baixo a losa de formigón da marquesiña, cunha forma aguda que delimita e organiza o espacio de acceso ao complexo, dispóñense os accesos aos diferentes espacios dedicados ao culto ou as diversas dependencias parroquiais. A torre, cunha base que queda definida por dous muros de formigón, prolóngase en altura cunha estructura metálica, alixerándose visualmente a medida que aumenta a súa altura.A organización interna do complexo é funcionalmente eficaz e proporciona diversas ocasións para que o deseño proporcione interesantes efectos de entrada de luz natural. O espacio da igrexa sitúase no centro, flanqueado pola Capela do Santísimo e as diferentes dependencias parroquiais. O salón de actos disponse baixo a capela, con acceso directo dende o exterior.Este edificio ten un ilustre veciño no edificio da Facultade de Ciencias da Comunicación, do arquitecto portugués Álvaro Siza. Os dous edificios, só separados pola Avenida Castelao, establecen un estreito diálogo a través dos panos brancos dos seus cerramentos e a suave curvatura das súas cubertas». Fernando Agrasar. |