
Carlos Pardellas
| Obra: | Intervención na contorna do mosteiro de Caaveiro |
| Arquitecto: | Isabel Aguirre Urcola e Celestino García Braña |
| Provincia: | A Coruña |
| Localidade: | Fragas do Eume, A Capela |
| Ano: | 2002 – 2009 |
| Xeolocalización: | 43.417599, -8.068551 |
| Outros Datos: | ||
| Premios: | ||
| Gañador | Premio Intervención no Patrimonio AADIPA. Espazos exteriores | 2015 | ||
| Publicacións: | ||
| Avance dunha Continxencia | CGAC 2007 PaiseaDos 3. North Spain | n.3 | 2010 | ||
| Información na rede: | ||
| laopinioncoruna.es lavozdegalicia.es | ||
| Descripción do proxecto: | ||
| «O proxecto fundaméntase na necesidade de poñer en valor a relación entre a potente natureza do Parque Natural das Fragas do Eume, onde se asenta o mosteiro, e o espírito da soidade, recollemento e austeridade que se respira no recinto monacal. Será a rehabilitación da contorna e os camiños onde se condensara esta filosofía. O longo tempo que durou o proceso serviunos para pensar e repensar cada pedra que tocábamos. Os condicionares do camiño con, a súa forte pendente irregular e o trazado sinuoso, engadíanselle as raíces das árbores e as pedras xurdindo constantemente. Baixo a bóveda da vexetación dunha beleza sobrecolledora a través da cal soaba o río. Non perturbar esta beleza foi o noso reto. A elección da cuarcita negra co corte de canteira en pezas de forma e espesor variables foi fundamental. A súa cor profunda como o bosque, a textura irregular como a terra, o brillo baixo a chuvia como as follas das árbores, van incrustando o pavimento nos bordos inacabados do camiño, entre as raíces, nas pedras. E o bosque penetra nel» Isabel Aguirre | ||
| Reportaxe fotográfica: | ||
| – | ||
| Planos: | ||
| 4.bp.blogspot.com | ||

