Alfonso Penela Arquitectos
| Obra: | Laboratorios no campus de Lugo |
| Arquitecto: | Alfonso Penela |
| Provincia: | Lugo |
| Localidade: | Lugo |
| Ano: | 2008 – 2010 |
| Xeolocalización: | 42.990,-7.549 |
| Outros Datos: | ||
| Premios: | ||
| Publicacións: | ||
| Información na rede: | ||
| cooperinthewindow.com galiciae.com | ||
| Descripción do proxecto: Iago Valverde | ArquitecturadeGalicia | ||
| Dentro do campus de Lugo da USC, a facultade de ciencias demanda uns novos laboratorios para completar as instalacións do centro. Alfonso Penela realiza o proxecto no lugar que antes ocupaban unhas pistas deportivas deterioradas. O edificio descomponse en dous volumes nun terreo de gran desnivel. Un volume inferior de acceso pola cota baixa e próximo á facultade de ciencias, de manifestación masiva, gran prisma baixo unha cuberta axardinada, serve de para resolver a diferenza entre a parte baixa da parcela e a cota da rúa superior. Contén os laboratorios e locais técnicos conectados por un corredor central iluminado por un lucernario lonxitudinal. O volume superior, e representativo do proxecto, é un elemento de forma branda e sensual, unha planta sinuosa extruída en vertical revestida de aluminio. Quere ser lixeira e desinhibida, semella levitar case sen apoiándose nuns finos piares dispostos libremente. Baixo el, na cota de acceso da rúa, unha peza transparente que conecta ámbolos volumes. | ||
| Reportaxe fotográfica: Alfonso Penela Arquitectos | ||
| Planos: | ||


